viernes, 7 de junio de 2024

Historia de una escalera. Buero Vallejo

Este venres, 7 de xuño, o alumnado de Dramatización do Camballón, coordinado por Araceli Costoya, xefa do Departamento de Lingua Castelá, estrenou a obra Historia de una escalera, de Antonio Buero Vallejo. Estes actores e actrices foron unha verdadeira revelación, dando vida as personaxes da obra diante da escenografía creada por Marta Cueto, xefa do Departamento de Plástica, que coordinou ó alumnado de 3⁰ de ESO en colaboración do Ciclo Medio de Soldadura. Todos os elementos luciron sobre os escenario onde Unai Ayude nos papeis de D. Manuel e sr. Juan, Nerea Canda como Carmina, Nerea Chacón interpretando a Paca, Felipe Cheffer como Urbano, Santiago Contreras como Fernando, Daniela del Río interpretando a Rosa, Xoana Mazás no triple papel de dna. Asunción, Pepe e Manolín, Victoria Méndez como Elvira, Naiane Penas no papel de Carmina filla, Xiana Rey sendo a sra. Generosa, Xiana Taboada como Trini e Xoan Vila no papel de Fernando fillo, colleitaron os aplausos dos seus compañeiros, pais e profesores, cun traballo de interpretación excelente. 
Parabéns equipo!!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario