martes, 8 de octubre de 2024

O ADN

 O noso alumnado de 4ºESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía acudiu ao laboratorio para realizar unha actividade moi doce...

Logo de traballar os contidos correspondentes durante as sesións de clase, puideron elaborar eles mesmos un modelo sinxelo do noso ADN. Para isto empregaron gominolas de diversas cores. 

Ao remate da actividade e unha vez creados os modelos do noso manual de instruccións, o ADN, todos e todas puidemos saborear as nosas bases nitroxenadas...é dicir...as gominolas!






No hay comentarios:

Publicar un comentario