O ano de Castelao, no que se conmemora do 75 aniversario do seu pasamento, alumnado de Relixión de 2º, 3º e 4º de ESO estiveron analizando a súa vida, os seus relatos e caricaturas.
Descubriron que foi un home que denunciou as inxustizas das súa época que provocaban unha cultura de violencia na súa contorna e que a día de hoxe ainda non se erradicaron.
Imitando a Castelao, que escribíu unha postal as Nacións Unidas reclamando a xustiza que as democracias prometeran, cada alumna ou alumno realizou unha postal reclamando aquelo que cada un pensa que é preciso para que teñamos unha cultura de non violencia e paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario