miércoles, 19 de febrero de 2025

Experimenta coas túas propias mans. Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 



O pasado martes, día 11 de febreiro, conmemorouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e que mellor forma de celebralo que invitar ao alumnado a que experimenten coas súas propias mans! 

Nesta ocasión, acudimos ao laboratorio co alumnado de 1ºESO para analizar diversas mostras aportadas por eles e elas mesmos. 







Vimos varias especies de liques e falamos da súa importancia como bioindicadores da contaminación;






observamos coa lupa os mofos nunha laranxa e nunha mazá e afondamos na importancia de descartar alimentos que non se atopen en bo estado; coa axuda do microscopio, puidemos ver como de rápido se dividen os lévedos que usamos nos nosos fogares para elaborar pan; analizamos mostras de auga estancada onde localizamos protozoos, algas unicelulares,...; tamén puidemos ver moas do xuízo e os efectos que causan sobre elas as caries, afondando nos hábitos saudables e coidado do noso corpo; e incluso puidemos observar o crecemento de bacterias en placas logo de que o alumnado de bacharelato recollese mostras en distintas partes do instituto. 

Con esta actividade de laboratorio puidemos repasar varios reinos dos seres vivos e as súas características, ao mesmo tempo que desfrutamos e igual ata espertamos a curiosidade dalgún/ha posible científico/a! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario