martes, 30 de septiembre de 2025

Reunión Club de lectura

 Este curso o club de lectura conta con 75 alumnos e alumnas repartidos en sete grupos.



Moitas grazas ás profesoras Araceli, Tatiana, Marta Viqueira, Carmen Frade, Eva, Montserrat e Susana que son as encargadas de coordinar os distintos grupos durante os recreos.

Continua o obradoiro de ganchillo

O noso obradoiro de ganchillo está sendo todo un éxito!

Xa sabemos a técnica e facemos pulseiras! O próximo luns seguiremos traballando e aprendendo coa nosa profe Maruja, coa que estamos moi agradecidos. A súa paciencia e dedicación fai que todo sexa máis fácil!






 

lunes, 29 de septiembre de 2025

Clud de adultos

 

 Hoxe reuníuse o Club de Lectura de Adultos que están a ler Las gratitudes de Delphine de Vigan, que fala la memoria, do pasado, do envellecemento, das palabras, a bondade e a gratitude hacia aqueles que foron importantes na nosa
vida.

viernes, 26 de septiembre de 2025

Obradoiro de ganchillo

Este xoves iniciamos o novo obradoiro de ganchillo, dirixido pola nosa profe Maruja. Se queres aprender a ganchillar non o dubides, tes que vir á biblioteca os xoves de 11.30 a 12:00.


Esta actividade está aberta a toda a comunidade educativa: alumnado, persoal non docente, nais, pais, avoas...

Non é necesario traer material, só gañas de aprender!



 

jueves, 25 de septiembre de 2025

Recomendación da biblio

 

O alumnado de Relixión, comezan a traballar na radio.Nesta sesión recomendaron unha serie de películas que se acaban de adquirir.




 

martes, 23 de septiembre de 2025

Ganchillo

Hoxe fixemos ganchillo co alumnado de 1º de ESO. Durante a hora de titoría a nosa profe de costura, Maruja da Cunca, asistiu á clase de 1º da ESO para ensinar ao alumnado a ganchillar.

Cada alumno/a vai facer unha labor para, a continuación, unir á dos seus compañeiros/as e conformar así un gran traballo colaborativo.

Se queredes aprender a ganchillar podedes vir durante os recreos do xoves á biblioteca e aprender coa nosa profe Maruja que impartirá un obradoiro ao longo deste curso!

 

viernes, 19 de septiembre de 2025

Club de lectura


 

 

Arranca o club de Lectura deste curso, 0 mércores 24, na Manuel Dobarro, reparto de grupos, non faltedes.




jueves, 18 de septiembre de 2025

Voluntariado

O mércores 24, tamén será a reunión do Voluntariado da Radio, na aula de 4º ESO, 303.


martes, 16 de septiembre de 2025

Historia contada polo cego Zago

Aqui tedes un resumo de Castelao, a historia contada polo cego Zago e debuxada por Isaac Díaz Pardo.

lunes, 15 de septiembre de 2025

Decoración da biblio

 

 

Como xa sabedes, durante este curso imos traballar a arte como tema da biblio. Iniciamos as nosas actividades cunha instalación na sala de lectura que vai ser moi colorida...



Este curso temos un voluntariado moi traballador!!  Se queredes colaborar na biblio durante os recreos estades a tempo de apuntarvos, imos facer cousas moi divertidas...


 



Grazas aos colaboradores por axudar ao equipo de biblio.

jueves, 11 de septiembre de 2025

Arranca o voluntariado e o Club de lectura

Comezou o curso e con el as actividades que propón a biblioteca. Xa temos listas do Voluntariado a biblio, voluntariado da radio e do club de Lectura. Animádevos!!

So tedes que pasar pola biblio e anotarse nas distintas listas que están colocadas na mesa. 



Formación na biblio ao alumnado 1º ESO

 

O alumnado de 1º de ESO acudiu onte á biblioteca para coñecer o seu funcionamento. Aprenderon a buscar libros e outro tipo de material así como as normas de préstamo e devolución. Cada un levou un libro para empregar durante a hora de ler que empezará o luns 15 de setembro.

 

Recordade traer o voso libro!




martes, 2 de septiembre de 2025

A Biblio: un espazo para a arte e a creatividade

Este curso comezamos unha nova etapa na biblioteca, cunha imaxe renovada que busca reflectir mellor o seu papel como espazo de encontro, aprendizaxe e inspiración. A súa transformación non é só visual: é tamén unha declaración de intencións, un convite a vivir a biblioteca como un lugar onde o coñecemento e a creatividade van da man.

Neste contexto, encaixa á perfección o noso proxecto “Somos artistas”, co que queremos potenciar a expresión artística, a sensibilidade estética e a capacidade de crear e compartir. A biblioteca convértese así nun escaparate para as nosas obras, pero tamén nun taller de ideas, onde o arte se mestura coa lectura, coa escritura e coa imaxinación.
A nova imaxe da biblioteca non é máis ca un reflexo do que queremos ser: un centro vivo, dinámico, no que cada quen poida descubrir o seu lado máis artístico. Porque todas e todos levamos dentro un pouco de artistas… e aquí temos un lugar onde expresalo.



 

lunes, 1 de septiembre de 2025

Arrancamos!!!

 Comezamos un novo curso con moitas ideas e moita ilusión!.


 O noso proxecto SOMOS ARTISTAS, trata sobre as distintas manifestacións artísticas. Temos previsto realizar obradoiros, concertos, exposicións e moitas actividades máis.
 Durante o primeiro trimestre traballaremos sobre a arte contemporánea tendo de referencia as performances de La Ribot. 


Benvidos e benvidas a todos e todas!!