Se aínda nos lestes nada de Carlos Casares e non sabedes por onde
comezar, Noelia García, Laura Blanco e Andrea Rivadulla, alumnas de 1º
de bacharelato, fanvos unha suxestión...
Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Casares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Casares. Mostrar todas las entradas
viernes, 26 de mayo de 2017
viernes, 12 de mayo de 2017
Carlos Casares
En homenaxe a Carlos Casares sacamos ao corredor as súas obras.
martes, 9 de mayo de 2017
Casares tamén dende o móbil
O Departamento de Lingua galega e literatura do noso centro acaba de publicar un xogo sobre Carlos Casares, o autor ao que se lle dedica o Día das Letras deste ano. Foi elaborado a partir de preguntas do alumnado de 1º de bacharelato, que tamén colaborou na parte gráfica.
Para xogar utilízase a aplicación kahoot e precísase un móbil, unha tableta ou un ordenador con conexión á rede e alguén con que xogar; aínda que tamén pode xogar unha persoa soa se dispón dun ordenador e dun móbil ou tableta, por exemplo. O xogo ten dúas partes de 13 preguntas cada unha e pódese acceder directamente a elas desde as seguintes ligazóns: Carlos Casares (1) e Carlos Casares (2)
Xa podedes comezar a aprender sobre este autor e/ou ampliar o que sabedes sobre el. E non esquezades que na biblioteca temos un amplo surtido da súa obra!
Etiquetas:
Carlos Casares,
Letras Galegas 2017,
Lingua Galega
Suscribirse a:
Entradas (Atom)