Marta, unha rapaza de case dezasete anos, lembra os últimos meses da súa
vida diante do espello. Para ela foi un alivio deixar de oír xente
facéndolle preguntas, de oír consellos, de oír chorar a
súa nai... foi, sobre todo, un alivio non ter que comer e
non ter que facer como que comía, e non ter que vomitar o que comeu para
disimular diante da súa familia. O seu desexo é verse reflectida no
espello tal como era. viernes, 5 de octubre de 2012
MARTA ANTE O ESPELLO
Marta, unha rapaza de case dezasete anos, lembra os últimos meses da súa
vida diante do espello. Para ela foi un alivio deixar de oír xente
facéndolle preguntas, de oír consellos, de oír chorar a
súa nai... foi, sobre todo, un alivio non ter que comer e
non ter que facer como que comía, e non ter que vomitar o que comeu para
disimular diante da súa familia. O seu desexo é verse reflectida no
espello tal como era. jueves, 4 de octubre de 2012
BARTLEBY, O ESCRIBENTE
Un avogado de Wall Street necesita contratar un novo escribiente, xa que os dous que até o momento ten en nómina non dan abasto. Decídese por un personaxe silencioso e sombrío, pero que desde o principio convértese no mellor dos seus empregados (algo que, por outra banda, non era demasiado difícil). Pero un día, de súpeto, o pálido e misterioso Bartleby négase a cumprir unha orde.
A partir dese momento Bartleby comeza a rehuir toda acción, consumíndose nunha especie de implosión; Bartleby preferiría non obedecer, preferiría non contestar, preferiría non marcharse da oficina. E, ante esta estraña resistencia por parte do seu empregado, o avogado reacciona dun modo non menos absurdo.

miércoles, 3 de octubre de 2012
O MEU GATO É UN POETA
Este é un libro de poesía de Fran Alonso permite a través dos enredos dun gato poeta ollar doutro xeito. Ten moito de xogo, de obradoiro... inclúe un CD onde Fran Alonso recita algúns dos poemas do libro.
Unha aposta atrevida e lúdica para entender e gozar a poesía.martes, 2 de octubre de 2012
O BEBEDOR DE RAKIA
Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo difícil á
súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo, despois de estar cas tropas de misión na guerra de Bosnia como soldado profesional, fai 15 anosl, está no cárcere. A Alberte abríulle unha ferida: a fame,
a sucidade, o frío, o alcohol, a crueldade, a brutalidade, a violencia,
a morte. Dende que regresou daquel inferno, Alberte converteuse
nun auténtico alieníxena, contrario a todo sentimento. Dende entón,
lembrar é a súa única manifestación de valentía.lunes, 1 de octubre de 2012
A CASA DA LUZ
Neste libro de Xabier P. Docampo nárrase a historia de Alicia, unha rapaza moi traste e que lle gustao saber, coñecer e experimentar. Cando
Alicia e os seus amigos, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se
afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus
xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas
paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que
trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida
familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer de
Alicia levará a panda a amigarse con Pumariño que vivía nunha
casa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios… Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos
poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día,
Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de
pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o
labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar
dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só
se pode albiscar do outro lado dos cadros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)