jueves, 7 de febrero de 2013

A MODELO DESCALZA

Jon Boix, xornalista, acaba de regresar dunha viaxe por Africa, onde ha ir a investigar sobre as mafias do mundo da moda que buscan novas candidatas. Ao seu regreso, recibe unha noticia: Alejandra, unha das máis famosas top models españolas, e a súa noiva desde fai tres anos, foi acusada de asasinato despois dunha noite de alcol e drogas. Pero Jon, a pesar das evidencias, non cre que ela matase a ninguén. Proponse, pois, buscar a Alejandra, que desapareceu, e demostrar a súa inocencia. Unha carreira contra reloxo.

A modelo descalza é unha viaxe aos infernos da fama en xeral e do mundo das top models en concreto. Mozas moi novas sometidas á brutalidade dun mercado voraz. O prezo do éxito ás veces é demasiado caro: soidade, anorexia, alcol, drogas? O lado escuro do mundo da moda que poucos coñecen e que aquí se mostra con toda a súa crueza, envolvido nun trepidante caso policiaco? e sentimental.

miércoles, 6 de febrero de 2013

FUTURO IMPERFECTO




Vida e literatura ás veces camiñan á par. Iso acontece neste libro, no que Xulia Alonso narra a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda.

martes, 5 de febrero de 2013

ANIMAIS

O meio natural. A língua. A ánsia de justiça, liberdade, independência. Galiza. O poder da palavra. E um chamamento à açom coletiva, além da resistência. Som os alicerces de Animais, umha obra que se poderia definir como um álbume ilustrado. Um poemário. Umha coletánea de relatos. 

lunes, 4 de febrero de 2013

CONCURSO ODISEA


A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.) convoca a oitava edición do concurso ODISEA, na que  participa alumnado do noso centro de 4º ESO e 1º BAC
Terá lugar entre os días luns 4, martes 5, mércores 6 e xoves 7 de febreiro (primeira fase), e os días mércores 20 de febreiro e mércores 27 de febreiro (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla no calendario adxunto.
Este certame, malia que aberto a todos os alumnos e as alumnas dos Centros, está dirixido principalmente  alumnos de Cultura Clásica, Latín e Grego, e non pretende outra cousa que sacar a Cultura Clásica das aulas, alomenos por uns días.

 ODISEA 2013 achegándonos a un novo tema: A educación no mundo grecorromano”.

FORTUNA AUDACES IUVAT !!
 

OS POTAMOKS

O pobo dos Potamoks, esclavizado durante séculos nas terras de Exipto, aproveita a chegada do profesor Asclepios e os seus compan?eros para conseguir a súa liberdade. Comeza unha revolucio?n que reservase? moitas sorpresas aos nosos intre?pidos viaxeiros. Na cu?spide dunha torre invisible atopásese?n un sabio afectado pola peste, de ma?s de 2.000 an?vos de idade, que garda celosamente unha extran?a pedra parlante...

viernes, 1 de febrero de 2013

AROMM. DESTINO NÓMADA

Setak e Talïz, dous vellos guerreiros, continúan a enfrontar-se, a través dos seus dous fillos, Nilb e Âromm.
Como garantía de paz, Talïz trae a moza filla do rei Burno para casarse co fillo de Setak. Mais este ten sede de vinganza e, disposto a todo para atinxir os seus fins, seduz habilmente Âromm e Nilb, acabando finalmente por desaparecer.
Amor, odio, paixón e vinganza son as únicas leis dos bárbaros, que consagran a propia vida á morte e á pilhagem.
Âromm, guiado polos espíritos da estepe, conseguirá fuxir do seu destino?