lunes, 5 de junio de 2017

Recomendacións verán

Estas son as nosas recomendacións para o verán. Que teñades boas lecturas!!


Leer más publicaciones en Calaméo




Camballón entre liñas. 
 
   Acabamos de estrear unha nova canle do centro, que se suma a Tales no Camballón. Desta volta trátase dun espazo dedicado á lectura que promoveu o Departamento de Lingua galega. Pretende ir incorporando comentarios, opinións ou suxestións do alumnado sobre as súas lecturas dun xeito diferente ao tradicional e tendo o vídeo como soporte. Chámase Camballón entre liñas e iniciouse cunha serie de book-trailers elaborados polo alumnado de 1º e 2º de bacharelato. Xa podedes deixar alí os vosos comentarios e, por suposto, coller ideas para as lecturas de verán!
 






jueves, 1 de junio de 2017

Encontro Dragal.Pico Sacro

 No día de onte tivo lugar o IV encontro do Proxecto Dragal, onde participamos con outros catro centros máis:
  • IES Maximino Romero de Lema, Zas (A Coruña)
  • IES Antonio Fraguas Fraguas, Santiago de Compostela (A Coruña)
  • IES Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras (Ourense)
  • CPI Aurelio Marcelino Rey García, Cuntis (Pontevedra)
  • CPI de Castroverde (Lugo)
  • IES Marco do Camballón, Vila de Cruces (Pontevedra)
 No Pico realizamos actividades e xogos que tiveron que ver coa temática da triloxía de Elena Gallego e sempre baixo o escudo que nos identificaba como grupo.