Esta foi a ruta que fixeron os alumnos e alumnas de 3º ESO polo concello de Vila de Cruces.
Ruta Mosteiro de Carboeiro Toxa Carixaviernes, 16 de junio de 2017
martes, 13 de junio de 2017
Premios fotografía
Hoxe entregamos os premios de fotografía do concurso Ven ver isto, mostra a túa contorna, que patrocinou o concello de Vila de Cruces. Ao acto asistiu o membros do xurado do premio e as gañadoras: Marta Castro (gañadora do 1º premio dotado con 75,50 euros), Uxía Amosa(2º premio dotado con 30 euros) e María Iglesias (3º premio dotado con 30 euros). Parabéns ás gañadoras!!
jueves, 8 de junio de 2017
Poetízate
O alumnado de 1º de ESO estiveron traballando en Lingua Castelá a poesía. Gravaron poemas de varios autores españois e en Iniciación e Tratamento da información ilustráronnos con imaxes. Este foi o resultado.
Etiquetas:
1º ESO,
Día da poesía,
ITI,
Lingua Castelá,
Poesía
miércoles, 7 de junio de 2017
Proxecto arteferro
Por segundo ano consecutivo a alumnado do ciclo medio de Soldadura e Caldereiría crearon este caderno de actividades poñendo en práctica todos os contidos dos diferentes módulos formativos que compoñen dito ciclo. Realizaron traballos de soldadura nas distintas posicións ( plano,vertical, cornisa e teito) e cos distintos métodos de soldeo (soldadura oxigas, soldadura por electrodo, soldadura MIG – MAG, soldadura TIG). Realizaron traballos de deseño de planos de diferentes pezas tanto a man, empregando os coñecementos do debuxo técnico, coma no ordenador, usando o programa Autocad.
martes, 6 de junio de 2017
Xornada de portas abertas de Física e Química
O alumnado de 4º de ESO e a súa profesora María del Carmen fíxeron hoxe unha xornada de portas abertas ao alumnado de 1º ESO.
A xornada consistíu en que o alumnado facía distintos experimentos e explicábanlle ao alumnado de 1º porque sucedían esas reaccións. Para rematar agasallaron a cada participante cunha cracha que eles mesmos fixeron.
A xornada consistíu en que o alumnado facía distintos experimentos e explicábanlle ao alumnado de 1º porque sucedían esas reaccións. Para rematar agasallaron a cada participante cunha cracha que eles mesmos fixeron.
Receitario de TAPSD
Un ano máis o alumnado de TAPSD fan o seu propio receitario tendo en conta as premisas que lle dan nas clases.Esta é unha pequena mostra:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)