martes, 23 de octubre de 2018

Alen Space

O luns 15/10 o alumnado de 1º e 2º Bacharelato foron a Vigo as instalacións de Alen Space, empresa creada na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da UVigo e adicada ó deseño de nanosatélites. Alí explicárolles os procesos de deseño, probas e lanzamento dun nanosatélite. Algúns dos estudantes tamén tiveron a oportunidade de entrar na sala limpa e ver o LUME-1, o nanosatélite no que están a traballar actualmente e que está en fase de probas previas ó seu lanzamento, previsto para decembro de 2018. O LUME-1 desenvólvese dentro dun proxecto europeo e adicarase á detección de lumes. Tamén mostraron moito interese e felicitaron ao alumnado do noso centro polo proxecto NOSA.


lunes, 22 de octubre de 2018

Taller fotografía


O venres 19 de outubro o alumnado de 1º de ESO e 1º de FPBásica participou un taller de fotografía. A actividade tivo unha primeira parte teórica impartida por Tania Rios, exalumna do centro e un apartado práctico a cargo de José Ramón Moire, pai dunha alumna.

Tania mostrou unha relación de fotógrafos que usan o retrato como base das súas obras. José Ramón relatou a súa experiencia como fotógrafo aficionado, mostrou o seu equipo fotográfico e falou da importancia de aspectos como a luz ou o fondo.

A partir desta actividade iniciarase o traballo transversal sobre educación emocional nas distintas materias.

lunes, 1 de octubre de 2018

Hora de ler

Comezamos a hora de ler cun montón de novidades que están expostas no corredor da Biblioteca. Animádevos a ler o último que chegou!!

Día do maior

Coa  finalidade de realizar unha xornada de sensibilización de cara os nosos maiores o alumnado de 1º de TAPSD realizou un mural para chamar a atención sobre as principais necesidades dos nosos maiores.

jueves, 27 de septiembre de 2018

Benvida ao instituto

O mércores 26, o alumnado de 1º ESO elaboraron uns aperitivos como actividade de acollida para os seus proxenitores. Contaron coa colaboración do alumnado de 1º TAPSD e o seu profesor Diego que previamente prepararon os ingredientes.
Este foi o resultado....

viernes, 21 de septiembre de 2018

Emociónate con nós

Comezamos este novo curso cheos de ilusión cun Proxecto que pon en marcha a Biblioteca e  que vai ser o eixe vertebrador de todas as actividades do noso centro. Tentaremos traballar a intelixencia emocional a través de tres liñas de actuación repartidas nos tres trimestres:
- No primeiro traballaremos coa fotografía.
- No segundo o fío conductor será o cine e o teatro.
- No terceiro a música.
Esperamos que sexa unha viaxe emocionante para todos e todas.