martes, 23 de junio de 2020

Recomendacións de verán

Xa esta rematando este curso 19/ 20 no que sen dúbida houbo moitos cambios para todos e todas pero o que non vai cambiar son as recomendacións que dende a biblioteca do Camballón queremos facervos para o verán. Podedes pasar a recollelos polo biblio tanto estes como os vosos escargados nos horarios marcados.
Moi boas vacacións e felices lecturas!!

miércoles, 10 de junio de 2020

Proxecto da asignatura TIC II.

Adxuntamos a url da páxina web da alumna de 2º de Bach Mª Victoria Rivas Arriechi. Unha web que traballou durante todo o curso (moi especialmente durante este último atípico trimestre) aprendendo a linguaxe de marcas Html5 e  as follas de estilos CSS. Un proxecto da asignatura TIC II. 

A páxina trata sobre as series de televisión-plataformas de pago que tanto éxito teñen na actualidade e tanto interese despertan entre o público de distintas idades.

 A día de hoxe ela segue a traballar na páxina e facendo melloras e actualizacións.

Bravo polo estupendo traballo de Vicky!!


domingo, 17 de mayo de 2020

Feliz día das letras

Estas son as recomendacións que facemos para o día das Letras. Felices lecturas



O alumnado de 1º ESO de ITI crearon estas imaxes, a partir dunha fotografía que eles fixeron, co GIMP. O poema é de Carballo Calero homenaxeado este ano nas Letras Galegas. A música é unha peza chamada Muiñeira de Mejuto interpretada do Grupo Luz do Ilicinio de Lestedo.

A praia de Coruxo



sábado, 16 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas 2020

Aquí está o vídeo do Día das Letras Galegas, este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carballo Calero, un dos principais intelectuais do século XX. Collimos uns versos de Carballo é fixemos esta montaxe chea de sorrisos. Esperando que vos guste!

Viva Carballo Calero!



viernes, 8 de mayo de 2020

Leva protección do Club da Lingua

O Clube da Lingua, grazas á colaboración dunha das familias da nosa comunidade escolar*, dispón de 125 máscaras de protección elaboradas artesanalmente.
 
Estas máscaras foron pintadas a man, cortadas e cosidas e son pequenas obras de arte e expresión da xenerosidade cidadá.
 
O alumnado e profesorado do Clube da Lingua elixiu un deseño e unhas palabras representativas da nosa lingua.
 
E decidimos entregar unha máscara do Camballón a cada integrante da comunidade escolar (alumnado, familias, profesorado, persoal non docente) que envíe un meme sobre a nosa lingua. Aos 125 primeiros memes!
 
Os memes deben ser orixinais (non vale copiar), fomentar o valor da nosa lingua (con retranca, poesía, autoestima, emoción, ideas, etc. e de 125 formas diferentes) e estar escritos correctamente (ollo ás faltas) Non poden ser ofensivos nin sexistas. 
 
Poderanse enviar os memes ao teléfono do coordenador do Clube da Lingua (Séchu). Como máximo, poderase enviar un meme por cada membro de cada família da nosa comunidade escolar. Ou sexa, se sodes tres na casa, tres memes, tres máscaras.**