viernes, 10 de junio de 2022

Acto de Graduación

 Hoxe tivo lugar o acto de Graduación do alumnado de TAPSD e 2ª de Bacharelato un total de 22 alumnas e alumnos que comeza unha nova etapa. Moita sorte a todos e todas.



Xornada de xogos populares e tradicionais

 Hoxe tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. A AGXPT iniciara xa as súas actividades poñendo en marcha un servizo de divulgación dos xogos e deportes tradicionais dirixido a centros de ensino, asociacións de base, concellos ou comisións de festas... de recuperar espazos e tempos nos que o patrimonio lúdico tradicional galego poida exercer o protagonismo do que sempre gozou. O alumnado de 2º ESO disfrutou dunha xornada de moita diversión, grazas AGXPT.



jueves, 9 de junio de 2022

Presentación de Ciclos formativos da Familia Agraria



Nesta semana recibimos a visita do IES de Arzúa, que presentaron ao alumnado de 4º da ESO e da Formación Profesional Básica os ciclos de formación profesional da familia agraria que se imparten no seu centro:

Ciclo básico de agroxardinería e composicións florais

Ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural


Ciclo medio de Producción agroecolóxica (modalidade dual)

Ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer que se aprende a facer neses estudos e as saídas laborais dos mesmos nunha sesión moi amena.



Sesión sobre Violencia de Xénero



Nesta semana, o alumnado dos ciclos formativos de Soldadura e Atención a persoas en situación de dependencia, participou nunha sesión sobre violencia de xénero impartida por un policía experto na materia.

Coa súa intervención, o axente explicou ao alumnado cales son os signos de maltrato e os distintos tipos de violencia (visible e invisible, explícita e sútil), así como as posibilidades de intervención das autoridades en cada caso. Abordouse o concepto de violencia de xénero, distinto doutros como violencia doméstica, enmarcando o tema dende unha perspectiva legal, na que o alumnado puido coñecer tamén as consecuencias do maltrato para os agresores. Na sesión, de dúas horas de duración, tamén houbo tempo para comentar sobre o sexting e os seus riscos, así como as implicacións legais da difusión de material íntimo de terceiras persoas.

O alumnado amosou moito interese na temática e participou activamente na sesión, conectando co axente e a súa labor.


Son das Cruces: Besexos

Os nosos compañeiros Marcos, Diego, Rubén e Nico de 4º de ESO percorreron Besexos buscando elementos, falándonos de microtoponía grazas a información que estiveron recollendo desta dos maiores  da parroquía.  Elaboraron unha ruta que sae do Local Social, antiga escola de Besexos e rematan no Cruceiro da carretera de Cruces a Silleda seguindo as antigas corredoiras, carballeiras e soutos testigos silenciosos de moitas historias. Grazas rapaces polo voso traballo e o esforzo de que a historia do noso concello non quede no esquecemento.