Hoxe tivo lugar a segunda sesión de Navega en Positivo co alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, onde Marc continua co obradoiro, desta volta centrándose na temática das redes dende unha perspectiva de xénero.
jueves, 10 de noviembre de 2022
Navega en Positivo
miércoles, 9 de noviembre de 2022
Preparando o 25N
Xa estamos preparando unha parte do que se vai facer o 25 N que no noso centro terá lugar o 30 de novembro.
lunes, 7 de noviembre de 2022
Mes da Ciencia en Galego
Todo preparado para que arranque o mes da Ciencia no Camballón. Esperámosvos nos recreo no corredor, cunha chea de sorpresas!!viernes, 4 de noviembre de 2022
Proxecto Universo. Palitroques
Palitroques, taller de arquitectura baseado nun sistema de barras e unións que permite unha montaxe fácil e rápida de estructuras xeométricas, formas e figuras en 2 D e 3D. O material está elaborado de maneira artesanal e con principios básicos de bioconstrucción. Componse de paus de madeira de pino pintados con ceras naturais e conectores son de silicona alimentaria. O alumnado de 4º de ESO asistiu hoxe a este interesante taller que relacionou as matemáticas, a arquitectura e a astronomía.
Somos noticia
aquí deixamos o enlace de La voz de Galicia e nesto outro Faro de Vigo. Agradecer o reportaxe fotográfico José Ramón Moire Silva.
jueves, 3 de noviembre de 2022
Xornada de plantación de árbores autóctonas. "O Bosque do Camballón"
Xornada de plantación de árbores autóctonas enmarcada dentro do proxecto "O Bosque do Camballón". Plantáronse 35 árbores de sete especies autóctonas. Estes foron bidueiros, olmos, pinos, carballos, sobreiras, aciñeiras e acivros. A actividade estivo amenizada pola música e as regueifas do IES e foi promovida pola Asociación "Peneirando o Monte"
Etiquetas:
"O Bosque do Camballón",
Asociación Peneirando o monte
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






