viernes, 15 de septiembre de 2023

Arranca o club de lectura

 


Xa podedes apuntarvos!! En breve arrancamos con moitas novidades.😜

jueves, 14 de septiembre de 2023

Formación do Ciclo Medio de TAPSD


 O alumnado do 1° curso do Ciclo Medio de TAPSD visitou a biblio  para coñecela e familiarizarse cos fondos e as normas de funcionamento. Benvidas, esperamos que nos visitedes con frecuencia!!


miércoles, 13 de septiembre de 2023

Formación 1º ESO

 O alumnado de 1° da ESO visitou a biblioteca para coñecer os fondos, os espazos e as normas de funcionamento. Esperamos velos moito pola biblio!!


lunes, 11 de septiembre de 2023

Camiños!!

Durante o primeiro trimestre percorreremos camiños culturais, realizando actividades sobre música e teatro así como distintos roteiros literarios.
 

O segundo trimestre estará adicado aos camiños naturais. Traballaremos a educación vial e ambiental. Realizaremos distintas rutas pola contorna que nos permitan descubrir o que temos máis preto.
O último bloque do noso proxecto está centrado nos camiños emocionais. Mediación e resolución de conflictos serán os fíos conductores durante o terceiro trimestre.

EMPEZAMOS! Anīmate a camiñar con nós!



jueves, 7 de septiembre de 2023

Dorothe Schubarth unha firme defensora da custodia e difusión da música tradicional

Falece a musicóloga  Dorothé Schubarth, que estivo intensamente unida a Galicia. Percorreu nos anos 70 e 80 do pasado século para escoitar as xentes cantar, especialmente cantareiras, e gravar eses cantares, transcribilos e publicalos no Cancioneiro Popular Galego,  unha obra fundamental para entender o patrimonio musical construído polas galegas e galegos.  Olaia Tubío e Alejandro Gándara reflectiron a afoutada labor investigadora de Schubarth no documental Dorothé na vila (2020). Agradecidos por un gran traballo, grazas por axudar a conservar o noso patrimonio!