lunes, 20 de noviembre de 2023
miércoles, 15 de noviembre de 2023
Oito señais.
Onte visitounos Noelia Míguez, autora do libro Ocho señales. Relatou ao alumnado de Bacharelato e Ciclos a súa dura e impactante historia persoal sobre violencia de xénero. Todo un exemplo de valentía e superación. Moito que reflexionar despois do seu relato!!
viernes, 10 de noviembre de 2023
Que non te líen, ti elixes!
No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou no programa "Que non te líen, ti elixes!", convocado pola Consellería de Educación para favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos de xénero na elección de itinerarios e profesións.
Os obradoiros foron levados a cabo por persoal da Fundación Laboral da Construción. Unha orientadora laboral e unha traballadora do sector da construción encargáronse de dinamizar a actividade, que de seguro foi de grande utilidade para axudar ao alumnado de cara a toma de decisións vocacionais.
Etiquetas:
3º ESO,
4º ESO,
Orientación Vocacional,
Que non te líen,
ti elixes
Mes da ciencia. Proxecto Silla
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día
Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser
para todos nós o Mes da Ciencia.
O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua
galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda,
ensino e divulgación científica. Durante este mes imos expoñer varias actividades, hoxe toca promover o Proxecto Silla do alumnado de de 2º ESO que estiven diseñando na materia de Tecnoloxía.
Etiquetas:
2º ESO,
Mes da Ciencia,
Mes da Ciencia en Galego,
Proxecto Silla,
Tecnoloxía
lunes, 6 de noviembre de 2023
Visita á Axencia Galega de emerxencias
O alumnado do segundo curso do Ciclo de TAPSD visitou a Axencia Galega de emerxencias (AXEGA) onde coñeceron o 112 que xestiona as urxencias en materia sanitaria (061), extinción de incendios e salvamento, seguridade cidadana e protección civil. Ensináronlles como se xestionan as chamadas e os protocolos de atención. Tamén puideron comprobar os recursos do Grupo de Apoio Loxístico de intervención (GALI)
sábado, 4 de noviembre de 2023
Ao son da oralidade
Hoxe inagurouse a exposición do Proxecto "Ao son da oralidade" no Museo do Pobo. Ide vela!!
Galego que do IES do Milladoiro e do noso instituto.
Galego que do IES do Milladoiro e do noso instituto.
Etiquetas:
Ao son da oralidade,
IES Milladoiro,
Museo do Pobo Galego
Suscribirse a:
Entradas (Atom)