sábado, 2 de diciembre de 2023

Baixo o mesmo paraugas. Vila de Cruces pola diversidade


 Da man do alumnado e profesorado do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia conmemoramos o Día da diversidade funcional, que se celebra o 3 de decembro, baixo o lema "Baixo o mesmo paraugas. Vila de Cruces pola diversidade". 

O alumnado do centro tivo a oportunidade de disfrutar dun obradoiro práctico pensado para coñecer os distintos tipos de diversidade e poñerse na pel das persoas con algún tipo de capacidade diversa, para o que pasaron por varios postos desenvolvendo actividades nas que se achegaron aos distintos sistemas de comunicación e coñeceron material de apoio e adaptado. 

Foi unha xornada de concienciación coa finalidade de promover a empatía, respecto e normalización, favorecida pola aprendizaxe entre iguais, agradecendo a implicación do ciclo de APSD, con mención especial ás alumnas do 2º curso, que tiveron un papel clave na realización da actividade, transmitindo valores aos compañeiros/as das distintas etapas do centro. 




viernes, 1 de diciembre de 2023

Masculinidades diversas

SEGUIMOS A FALAR DE MASCULINIDADES DIVERSAS!





Nesta semana seguimos a falar de masculinidades diversas con alumnado da ESO. Leváronse a cabo as últimas sesións do obradoiro, cun marcado carácter reflexivo sobre o traballado nas distintas sesións. Sen dúbida, quedamos con grandes aprendizaxes, como a importancia do respecto e o bo trato entre os xéneros, sempre en igualdade e tolerando a diversidade!

lunes, 27 de noviembre de 2023

sábado, 25 de noviembre de 2023

O Camballón vence en Valadares

O pasado 24 de novembro o IES Marco do Camballón venceu no Encontro Escolar Provincial de Regueifa de Valadares. O noso instituto conseguir clasificar cinco regueifeiras na semifinal Parabésn ás regueifeiras e regueifeiros do Camballón, que cursan unha materia optativa de "Regueifa e mprovisación oral en verso" en segundo da ESO, e manteñen un "Clube da Regueifa" e mais unha liga non competitiva de regueifa "RegueiChampións".


viernes, 24 de noviembre de 2023

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

No día de hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No noso centro sabedores da importancia de educar na igualdade, levamos toda a semana realizando tarefas en materia de educación e prevención na materia. Así, deron comezo os obradoiros sobre masculinidades diversas co alumnado da ESO, que da man de Marc e traballando en grupo, reflexionaron sobre os estereotipos de xénero e as distintas formas da expresión de xénero, concluíndo na importancia do respecto á diversidade



E proseguindo coa importancia do respecto entre persoas, no día de onte o alumnado de 2º e 3º da ESO participou nun scape room de prevención da violencia de xénero, descubrindo as palabras clave mediante o traballo colaborativo, para avanzar nas probas e quedar no mellor posto posible. A sesión foi moi produtiva, facendo consciente ao alumnado da importancia das relacións afectivas igualitarias, independentemente do xénero das persoas que conforman a parella.












A xornada de onte rematou coa entrega de pulseiras a todo o alumnado do centro, remitidas dende a Fundación Anar no marco da súa campaña "La violencia de género no tiene edad", nas que se indica o teléfono contra a violencia de xénero para menores de idade (900 20 20 10).



Sen dúbida foi unha semana intensa! Para a próxima continuaremos traballando na materia!



lunes, 20 de noviembre de 2023

Xornadas de biblioteca


Este sábado tivo lugar no pazo de Congreso e exposicións de Santiago as Xornadas de Bibliotecas escolares que este ano tiñan como exige vetebrador o cómic