jueves, 21 de diciembre de 2023

Festival de Nadal

Rematamos este trimestre cun festival no Auditorio Xosé Casal. Estivo con nós o contador de contos Candido Pazó, que foi o encargado de abrir o espectáculo cunha das súas historia. A continuación o alumndo de Regueifa fixeron unha demostración e rematamos a xornada coa magnífica actuación do grupo Musical Os Kokakolas (alumnas e alumnos do noso centro). Neste vídeos podedes ver imaxe e escoitar unha das pezas que os Kokakolas tocaron.



martes, 19 de diciembre de 2023

Recomendacións de Nadal

 

 Aquí deixamos algunhas suxestións de lecturas para este nadal.


Boas lecturas a todos e todas!!



lunes, 18 de diciembre de 2023


Chega o nadal ao Camballón! O alumnado do ciclo de TAPSD adornou as súas aulas con estas decoracións tan chulas!

 






lunes, 4 de diciembre de 2023

Premio Futurgal

O alumnado de 4º ESO de Economía e emprendemento, participaron na primeira edición do Certame Emprendemento, Ideas e Innovación, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Formación Profesional (FP) dos centros educativos de Galicia. 

 Parabéns!!

sábado, 2 de diciembre de 2023

Baixo o mesmo paraugas. Vila de Cruces pola diversidade


 Da man do alumnado e profesorado do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia conmemoramos o Día da diversidade funcional, que se celebra o 3 de decembro, baixo o lema "Baixo o mesmo paraugas. Vila de Cruces pola diversidade". 

O alumnado do centro tivo a oportunidade de disfrutar dun obradoiro práctico pensado para coñecer os distintos tipos de diversidade e poñerse na pel das persoas con algún tipo de capacidade diversa, para o que pasaron por varios postos desenvolvendo actividades nas que se achegaron aos distintos sistemas de comunicación e coñeceron material de apoio e adaptado. 

Foi unha xornada de concienciación coa finalidade de promover a empatía, respecto e normalización, favorecida pola aprendizaxe entre iguais, agradecendo a implicación do ciclo de APSD, con mención especial ás alumnas do 2º curso, que tiveron un papel clave na realización da actividade, transmitindo valores aos compañeiros/as das distintas etapas do centro. 




viernes, 1 de diciembre de 2023

Masculinidades diversas

SEGUIMOS A FALAR DE MASCULINIDADES DIVERSAS!





Nesta semana seguimos a falar de masculinidades diversas con alumnado da ESO. Leváronse a cabo as últimas sesións do obradoiro, cun marcado carácter reflexivo sobre o traballado nas distintas sesións. Sen dúbida, quedamos con grandes aprendizaxes, como a importancia do respecto e o bo trato entre os xéneros, sempre en igualdade e tolerando a diversidade!