viernes, 22 de diciembre de 2023

A mediación está de volta!

Atención, atención! 

A mediación está de volta!

 Un curso máis seguimos a traballar na mediación. Nesta ocasión retomamos o traballo do profesorado do equipo de mediación, e a que non sabedes....xa fixemos algunha cousiña moi produtiva! Acondicionouse un espacio como aula de mediación e xa se realizou algunha intervención con alumnado en conflito, a fin de contribuír ás boas relacións e clima nas aulas. Polo momento vaise recollendo algún froito!

Asemade, estamos a facer máis sinxelo o proceso e adaptando os documentos do protocolo para que o proceso sexa máis rápido e operativo. Tamén comezamos a intervir en 1º da ESO nas titorías, para traballar en convivencia e resolución de conflitos e que coñezan a mediación, o que comenzamos con unha dinámica sobre as etiquetas e prexuízos.


Seguiremos a traballar nos próximos trimestres, co obxectivo de que tamén o alumnado participe activamente como mediador e contribuír á expansión da cultura da mediación.

Nadal solidario

Dende o centro organizamos o Nadal solidario, unha iniciativa consistente na doazón de alimentos non perecedoiros e/ou xoguetes usados en bo estado para axudar ás familias que o necesitan do Concello. Hoxe, o persoal de Servizos Sociais achegouse ao centro para recoller as doazóns, coas que facer un Nadal máis agradable a algunhas persoas.

Grazas a aquelas persoas que aportaron un grao de area! De seguro a súa humanidade xerará sorrisos!


jueves, 21 de diciembre de 2023

Festival de Nadal

Rematamos este trimestre cun festival no Auditorio Xosé Casal. Estivo con nós o contador de contos Candido Pazó, que foi o encargado de abrir o espectáculo cunha das súas historia. A continuación o alumndo de Regueifa fixeron unha demostración e rematamos a xornada coa magnífica actuación do grupo Musical Os Kokakolas (alumnas e alumnos do noso centro). Neste vídeos podedes ver imaxe e escoitar unha das pezas que os Kokakolas tocaron.



martes, 19 de diciembre de 2023

Recomendacións de Nadal

 

 Aquí deixamos algunhas suxestións de lecturas para este nadal.


Boas lecturas a todos e todas!!



lunes, 18 de diciembre de 2023


Chega o nadal ao Camballón! O alumnado do ciclo de TAPSD adornou as súas aulas con estas decoracións tan chulas!

 






lunes, 4 de diciembre de 2023

Premio Futurgal

O alumnado de 4º ESO de Economía e emprendemento, participaron na primeira edición do Certame Emprendemento, Ideas e Innovación, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Formación Profesional (FP) dos centros educativos de Galicia. 

 Parabéns!!