lunes, 22 de enero de 2024

016

 

O alumnado de 3º de ESO A e B tiveron esta semana unha charla sobre o 016 impartida pola nosa compañeira Elena Pérez, profesora do ciclo de TAPSD. Explicou como funciona este servicio telefónico de atención, asesoramento xurídico e atención psicosocial. 

Comentou que facer no caso se sufrir violencia de Xénero ou de coñecer algún caso; cales son as vías de denuncia e a importancia da información e asesoramento profesional que ofrece o equipo interdisciplinar do 016.


A través do relato de chamadas reais identificamos os diferentes tipos de violencia e reseñamos a importancia de marcar as nosas propias bandeiras vermellas. 

Hai que resaltar que debemos perder o medo a pedir axudas aos servizos públicos.

viernes, 19 de enero de 2024

Charla sobre Doazón e transplantes


No mes de xaneiro recibimos a visita dunha enfermeira da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que transmitiu ao alumnado de 4º ESO e do CM de Atención a persoas en situación de dependencia, a importancia e valor das doazóns. Trátase dunha actividade de sensibilización que favorece o achegamento a unha realidade sobre a que non solemos reparar habitualmente e a través da cal puidemos coñecer de primeira man a experiencia dunha persoa transplantada.
Sen dúbida, un orgullo que o noso país sexa pioneiro en doazón de órganos e dispoñer dun sistema público de saúde que permita a atención ás persoas que precisan un transplante. Despois de coñecer esta realidade de primeira man, quizais toque reflexionar.....

Faríaste donante de órganos?

jueves, 18 de enero de 2024

A mediación está de volta!




Atención, atención! A mediación está de volta! Un curso máis seguimos a traballar na mediación. Nesta ocasión retomamos o traballo do profesorado do equipo de mediación, e a que non sabedes....xa fixemos algunha cousiña moi produtiva! Acondicionouse un espacio como aula de mediación e xa se realizou algunha intervención con alumnado en conflito, a fin de contribuír ás boas relacións e clima nas aulas. Polo momento vaise recollendo algún froito!

Asemade, estamos a facer máis sinxelo o proceso e adaptando os documentos do protocolo para que o proceso sexa máis rápido e operativo.

Seguiremos a traballar nos próximos trimestres, co obxectivo de que tamén o alumnado participe activamente como mediador e contribuir á expansión da cultura da mediación.


Obradoiro de Motivación e Autoestima




Ao longo de varias sesións, o alumnado de Formación Profesional Básica desfrutou dun obradoiro de motivación e autoestima, adquirindo aprendizaxes intrapersoais e interpersoais mediante dinámicas e xogos educativos. Foron unhas sesións moi produtivas e amenas, nas que a reflexión final é que podemos conseguir grandes logros, sempre que nolo propoñamos e nos esforcemos por alcanzalos!


lunes, 15 de enero de 2024

Premios Galegos de Regueifa 24




Na terceira edición dos Premios Galegos de Regueifa 24 que tiveron lugar en Carvallo o día 13 de xaneiro de 2024: Dani, Manuel, Miguel, Marta, Tizi, Helena, regueifeirxs dende Camballon, acadaron un premio. Parabéns rapazas e rapaces!!

sábado, 13 de enero de 2024

Reutilizar materiais


Como podemos facer  unha estufa que era decorativa, asemelle a ser calefactora ou a partir dunha lima... mirade que se pode facer, se vos fixades ben podedes ver mostras da lima