viernes, 26 de enero de 2024

Toponimízate



Onte visitounos o filólogo Vicente Feijoo, coordinador da Unidade técnica de Toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. 

O alumnado de 3°, 4° e 1° de BAC asistiu a charla sobre  o proxecto Toponimízate e a plataforma Galicia Nomeada, plataforma colaborativa de recollida toponímica. Vicente tamén falou da riqueza toponímica do noso pais e que non fai únicos, xa que nomeamos montes, leiras, pedras... 

Para rematar falouno dos nomes das parroquias de Vila de Cruces que están a traballar o alumnado de Relixión dentro do Proxecto Somos das Cruces.

Para rematar deixounos unha dedicatoria no noso libro de firmas!


 

miércoles, 24 de enero de 2024

Visita de Vicente Feijoo

 

Mañá estará no noso centro Vicente Feijoo Ares. Coordinador da Unidade Técnica de Toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.

Estará no centro de 12 a 14 horas, na Aula Manuel Dobarro,  para aclararnos termos do noso proxecto Somos das Cruces e falarnos da situación da toponímia do concelllo.

lunes, 22 de enero de 2024

A ponte entre o Ensino Medio e a USC


Dende a Universidade de Santiago de Compostela, visitounos Celso Rguez., que falou ao alumnado de Bacharelato sobre as cuestións máis relevantes da USC: os seus campus, os estudos que se poden cursar, organización dos graos, programas de mobilidade, posibilidades de ocio, culturais, deportivas....que ofrece a universidade, residencias e bolsas de estudos.

Sen dúbida, unha sesión ben completa!

 


 

016

 

O alumnado de 3º de ESO A e B tiveron esta semana unha charla sobre o 016 impartida pola nosa compañeira Elena Pérez, profesora do ciclo de TAPSD. Explicou como funciona este servicio telefónico de atención, asesoramento xurídico e atención psicosocial. 

Comentou que facer no caso se sufrir violencia de Xénero ou de coñecer algún caso; cales son as vías de denuncia e a importancia da información e asesoramento profesional que ofrece o equipo interdisciplinar do 016.


A través do relato de chamadas reais identificamos os diferentes tipos de violencia e reseñamos a importancia de marcar as nosas propias bandeiras vermellas. 

Hai que resaltar que debemos perder o medo a pedir axudas aos servizos públicos.

viernes, 19 de enero de 2024

Charla sobre Doazón e transplantes


No mes de xaneiro recibimos a visita dunha enfermeira da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que transmitiu ao alumnado de 4º ESO e do CM de Atención a persoas en situación de dependencia, a importancia e valor das doazóns. Trátase dunha actividade de sensibilización que favorece o achegamento a unha realidade sobre a que non solemos reparar habitualmente e a través da cal puidemos coñecer de primeira man a experiencia dunha persoa transplantada.
Sen dúbida, un orgullo que o noso país sexa pioneiro en doazón de órganos e dispoñer dun sistema público de saúde que permita a atención ás persoas que precisan un transplante. Despois de coñecer esta realidade de primeira man, quizais toque reflexionar.....

Faríaste donante de órganos?

jueves, 18 de enero de 2024

A mediación está de volta!




Atención, atención! A mediación está de volta! Un curso máis seguimos a traballar na mediación. Nesta ocasión retomamos o traballo do profesorado do equipo de mediación, e a que non sabedes....xa fixemos algunha cousiña moi produtiva! Acondicionouse un espacio como aula de mediación e xa se realizou algunha intervención con alumnado en conflito, a fin de contribuír ás boas relacións e clima nas aulas. Polo momento vaise recollendo algún froito!

Asemade, estamos a facer máis sinxelo o proceso e adaptando os documentos do protocolo para que o proceso sexa máis rápido e operativo.

Seguiremos a traballar nos próximos trimestres, co obxectivo de que tamén o alumnado participe activamente como mediador e contribuir á expansión da cultura da mediación.