martes, 8 de octubre de 2024

O ADN

 O noso alumnado de 4ºESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía acudiu ao laboratorio para realizar unha actividade moi doce...

Logo de traballar os contidos correspondentes durante as sesións de clase, puideron elaborar eles mesmos un modelo sinxelo do noso ADN. Para isto empregaron gominolas de diversas cores. 

Ao remate da actividade e unha vez creados os modelos do noso manual de instruccións, o ADN, todos e todas puidemos saborear as nosas bases nitroxenadas...é dicir...as gominolas!






lunes, 7 de octubre de 2024

Novidades da biblio



Novidades na biblio! Recordade que temos un expositor na entrada da biblioteca onde podedes consultar as novas adquisicións.

sábado, 5 de octubre de 2024

Viaxe a Lugo

 Onte  o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO. viaxaron a Lugo para coñecer a música no seu ambiente: a festa!

Entrevistaron ás Fillas de Cassandra e a Laura Lamontagne, estiveron con Iván, de Paramount, e fixeron unha homenaxe a Luz Fandiño, a poeta analfabeta. Falamos coa gente de son e produción do concerto das Fillas, bailaron e aturuxaron! 

Viva a música no noso idioma!












viernes, 4 de octubre de 2024

Novidades da biblio

 



Dirixidos por Alejandra e Alba o alumnado de 1º Bacharelato falaron dalgúns libros que están a ler.  Se queredes ollar algún podedes pasar pola estantería das novidades que alí están case todos expostos. Senon os atopades preguntade ou ben o equipo de Voluntariado ou o equipo da Biblio para que vós axuden a localizalo.


Obradoiro de costura



Iniciamos os obradoiros de costura dentro dos recreos culturais!! Hoxe a nosa profe Maruja ensinounos a bordar o noso nome, a hilvanar unha tea e outros moitos trucos. Estades a tempo de apuntarvos!! Os venres, durante o recreo na biblio!!





jueves, 3 de octubre de 2024

Visitamos o laboratorio de Bioloxía




O alumnado de 1ºESO do noso centro acudiu ao laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía a realizar unha práctica de identificación de exemplares de minerais e rochas. Con esta actividade puideron afondar e afianzar os contidos traballados durante as sesións de clase dunha forma máis práctica e divertida!

Os resultados foron estupendos! Os diferentes equipos lograron identificar un total de 12 exemplares (6 minerais e 6 rochas) nun tempo récord!