lunes, 11 de noviembre de 2024

"Si controlas vuelves"


O alumnado de 1º e 2º de FP Básica e 3º e 4º da ESO asistiu hoxe a unha charla impartida por AESLEME, na que se falou de seguridade vial e a incompatibilidade do alcohol e outras drogas coa mobilidade segura, fomentando nos menores a responsabilidade e unha toma de decisións adecuada, que garantan a súa seguridade e a dos demais. 

A rapazada puido coñecer de primeira man as consecuencias dos accidentes de tráfico, a miúdo causados polo consumo de substancias e outros distractores (móbil, manexo da radio...), espertando tamén a súa
conciencia sobre a importancia de empregar os elementos de seguridade de forma adecuada. 

Sen dúbida, é fundamental protexernos, coidar de nós mesmos e dos demais. Porque pasalo ben non está reñido con unha volta segura á casa!

sábado, 9 de noviembre de 2024

Visita á Coruña

 Á excursión foron alumn@s de 1º de bacharelato e da materia Expresión Artística de 4º da ESO.

Acercámonos ao Movemento Renovador no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, así como na Fundación Luís Seoa

ne. Visitamos tamén a fábrica de cerámica O Castro Sargadelos, que foi fundada por artistas pertencentes a este grupo de renovadores.

viernes, 8 de noviembre de 2024

Feminisno na Catedral e na CGAC



 Onte o alumnado de 1º e 2º ESO viaxaron a Santiago para visitar dúas exposición ben distinas pero que se complementan. Por un lado visitamos a Catedral e a súa contorna para ver cal é o papel da muller con artista e/ ou protagonista de obras que se expoñen dentro deste templo. Por outro lado, no CGA asistimos a exposición contemporánea,  O son do mar de Mayte Vieta e Os novos imaxinarios, onde o cine ten cabida.











lunes, 28 de octubre de 2024

Hoxe visitamos a Neira Vilas


O alumnado de 1º da ESO visitou, este venres, a Biblioteca Municipal. Elsa, a súa coordinadora, explicounos o funcionamento do préstamo así como o acceso ás salas de lectura e aos ordenadores. Tamén coñecimos o

proceso que segue un libro dende que chega á biblioteca ata que o podemos levar en préstamo. O alumnado que non tiña carné deixou un formulario cuberto para poder obtelo e ter acceso aos materiais da biblioteca.



jueves, 24 de octubre de 2024

Día das Bibliotecas



 Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas. O alumnado de 1º de ESO participou nun xogo de pistas polo centro. Tiveron que buscar libros perdidos e películas misteriosas; investigar lugar agochados e resolver moitos enigmas!!















lunes, 21 de octubre de 2024

Novidades na biblio


Hoxe Alejandra e Cris foron as encargadas que dirixir un novo programa de Radio onde nos falaron das novidades que a biblio adquiriu nesta segunda quincena de outubro e que tedes a vosa disposión no expositor da entrada. Grazas!!