miércoles, 29 de febrero de 2012

O CLUB DE LECTURA VAI DE EXCURSIÓN

O alumnado, profesorado, pais e nais que forman parte do Club de Lectura Cambaleón foron hoxe de visita a Biblioteca Ánxel Casal e a Cidade da Cultura


Pasalo ben!!

martes, 28 de febrero de 2012

EL EXTRAÑO CASO DEL DR.JEKYLL Y MR. HYDE



É unha novela escrita por Robert Louis Stevenson e publicada por primeira vez en inglés en 1886, que trata acerca dun avogado, Gabriel John Utterson, que investiga a estraña relación entre o seu vello amigo, o Dr. Henry Jekyll, e o misántropo Edward Hyde.

lunes, 27 de febrero de 2012

DRAGAL. A HERDANZA DO DRAGÓN

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.

miércoles, 15 de febrero de 2012

LA VIDA SECRETA


Quen foi Elena Diakonova, máis coñecida como Gala? Os seus escritos descóbrennos as claves dunha personalidade que ata agora pasara desapercibida. Aquí emociónanos cos recordos da súa infancia rusa e dun idilio que a marcou profundamente. Atopamos tamén a súa persoal visión do amor, dunha gran intensidade poética: «O máis esencial para min é o amor. É o eixo da miña vitalidade e do meu cerebro, o resorte que me lanza cara a adiante con axilidade...» A vida de Gala foi a súa obra mestra e a súa contribución á mirada de Dalí é incuestionable.

martes, 14 de febrero de 2012

DIARIO DE UN VAMPIRO


Ser un vampiro non é fácil. E menos se tes 15 anos e a moza que che gusta pasa olímpicamente de ti, os teus pais che ridiculizan constantemente diante dos teus amigos e a túa irmá pequena é unha friki de moito coidado. E se encima estás condenado a ter a mesma idade durante o resto da eternidade, a cousa aínda se pon máis chunga...