Unha pelexa de galos é un desafio improvisado en verso, con base de rap.
Nun momento de expansión brutal do freestyle nas rúas da Galicia, esta pode ser a primeira pelexa de galos en lingua galega. Grazas a Vicente e a Xavi Shadow.
miércoles, 29 de junio de 2016
miércoles, 22 de junio de 2016
Descubrindo o laboratorio de Física e Química
O alumnado de 1º ESO foron onte ao laboratorio de Física e Química onde a Profe Chelo lles falou do material que alí tiña senon que lles fixo varios experimentos. As imaxes mostran algunhas das cousas que fixo. Grazas!!
jueves, 16 de junio de 2016
Convenio Concello e Camballón
Onte tivo lugar, na aula Manuel Dobarro, a firma dun convenio entre o Concello, Residencia e Instituto. Deste xeito garantízase ao alumnado do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia unha oferta de prácticas e unha saída laboral.
El Faro de Vigo
martes, 14 de junio de 2016
Xornadas de orientación vocacional
Na tarde de onte o alumnado de 4º ESO asistíu na aula Manuel Dobarro a unhas charlas sobre Ciclos Medios, de centros da comarca do Deza. Explicáronlle en que consistían e cales eran as saídas profesionais dos mesmos.
Fernando, o orientador do centro, faloulles da FP de Grao Medio e do Bacharelato.
sábado, 11 de junio de 2016
Convivencia en Cerceda
A piques de rematar o curso, o alumnado Relixión participou nunha xornada de convivencia no parque acuático de Cerceda.
martes, 7 de junio de 2016
Proxectos arteferro
Este é o dossier que elaboraron os alumnos do Ciclo de Soldadura despois de buscar información, diseñar e aplcar os coñecementos adquiridos durante o curso. As creacións son impresionantes. Parabéns!!.
Traballos Alumnado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

