lunes, 26 de septiembre de 2016

Regueifando en Guipúzcoa

Comezamos o curso viaxando a Euskal Herria para regueifar en Errenteria, ao Festival de Culturas do Atlántico Atlantikaldia, convidados pola Casa de Galiza en Donostia.Unha das probas consistía en desenvolver un tema a partir dunha situación flicticia. Unha experiencia única!!


lunes, 19 de septiembre de 2016

Arranca o Club de Lectura



Hoxe arranca o Club de Lectura do Marco do Camballón. Quedades todas e todos  invitados a participar. Podedes apuntarvos na nosa Biblio a partir de hoxe.

domingo, 18 de septiembre de 2016

Comezamos unha nova andaina.

 


Territorio das Artes, con este lema arrancamos este ano as Bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.  MINIA REGOS é a creadora do cartel deste curso. 
Biblioteca escolar e Abre os ollos convidámosvos a descubrir,explorar e apreciar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)

Bo comezo de curso!!

miércoles, 29 de junio de 2016

Festival de fin de curso

Unha pelexa de galos é un desafio improvisado en verso, con base de rap. Nun momento de expansión brutal do freestyle nas rúas da Galicia, esta pode ser a primeira pelexa de galos en lingua galega. Grazas a  Vicente e a Xavi Shadow.





miércoles, 22 de junio de 2016

Descubrindo o laboratorio de Física e Química

O alumnado de 1º ESO foron onte ao laboratorio de Física e Química onde a Profe Chelo lles falou do material que alí tiña senon que lles fixo varios experimentos. As imaxes mostran algunhas das cousas que fixo. Grazas!!

jueves, 16 de junio de 2016

Convenio Concello e Camballón



Onte tivo lugar, na aula Manuel Dobarro, a firma  dun  convenio entre o Concello, Residencia e Instituto. Deste xeito garantízase ao alumnado do Ciclo Medio de Atención  a Persoas en Situación de Dependencia  unha  oferta de prácticas e unha saída laboral.
Formación, industria e institucións demantes de personas formadas deben camiñar xuntos e colaborar.


El Faro de Vigo