martes, 30 de enero de 2018

II Encontro de Entroido

Xa comezou o Entroido e con el  a maxia dos disfraces, as comparsa e os Altos dos Xenerais. No noso IES por segundo ano consecutivo participa no Encontro de Entroido intercentros que terá lugar no Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces. Neste encontro estarán representados os coles da contorna:  CEIP Ramón de Valenzuela (Bandeira), CEIP Nosa Señora da Piedade (Cruces), CEIP Cerdeiriñas (Piloño) e CEIP de Merza (Merza). Escenificaremos ao Altos do Xenerais e discurso dos mouros pero tamén Regueifaremos. Esperámovos o vindeiro 1 de Febreiro ás 11.
Oigan señores digan todos a unha voz
vivan os Xenerais do Ulla.
Vivan!!

miércoles, 17 de enero de 2018

A mitoloxía


Os mitos forman parte da tradición cultural das diferentes civilizacións. A mitoloxía fálanos dos desexos e temores dos seres humanos, da necesidade que temos de darlle sentido ao mundo que nos rodea. Achegarnos a eles proporciónanos un mellor coñecemento de nós mesmos. Así o reflexaron o alumnado de 1º Bacharelato
  
  
      


















viernes, 12 de enero de 2018

Formación de Xadrez

Hoxe tivo lugar a primeira  sesión de formación de xadrez para o alumnado de 1º ESO que correo a cargo do profesor Manuel Lugo. Nesta sesión estiveron vendo cales eran os momentos e posibilidades de cada unha das figuras e remataron xogando unha partida entre eles.


viernes, 22 de diciembre de 2017

Nadal

Para rematar o trimestre parte do alumnado de Camballón participou unha cata saudable que elaboraron eles mesmos e que despois pudo degustar todos os membros do centro.
O alumnado que participa no TEI estiveron facendo varias actividades. Os de 2º e 4º ESO participaron nun vídeo-forum e os de 1º e 3º estiveron participando nunha xincana de xogos. Aquí podemos ver parte do que se fixo.



2017-12-21 Nadal
O equipo de Biblioteca deséxavos:
Feliz Nadal e Próspero Aninovo!
Boas Lecturas!

lunes, 11 de diciembre de 2017

Recomendación Nadal

Xa falta pouco para que cheguen a vacacións de Nadal,  a biblioteca quere facer unhas recomendacións para todos os interesadas e interesados. Boas lecturas!

jueves, 30 de noviembre de 2017

Regueifesta

Onte tivo lugar na biblioteca Ánxel Casal a presentación do proxecto Regueifesta. O alumnado que participou estivo nun taller de regueifa na CSC da Trisca e regueifaron na Praza o Obradoiro. Ademais visitaron o Museo do Pobo Galego.