viernes, 31 de mayo de 2019
Visita de Paula Cereixo
Hoxe visitounos Paula Cereixo, antiga alumna do centro e atriz. O alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º de ESO compartíu con ela unha sesión na que falaron de teatro, cine, arte... e remataron vendo a curta El Jefe de Kraken films. Moitas grazas por vir Paula!!
jueves, 30 de mayo de 2019
O Camballón publica un libro de recollida oral sobre o guerrilleiro antifascista Foucellas

Este
libro reúne vinte e seis historias recollidas por alumnado e exalumnado
do Camballón e configuran un arquivo diverso sobre a presenza da
guerrilla antifranquista nas terras de Carbia e o Deza. O libro forma
parte do Proxecto Palabras de Pedra, un proxecto de posta en valor o
patrimonio material e inmaterial das Cruces que, desde o Equipo de
Normalización, pretende socializar os valores culturais, lingüísticos e
sociolingüísticos locais. Outrosproxectos de participación que xurdiron
de Palabras de Pedra son a posta en valor das Mámoas de Oirós, o Mapa
dos Tesouros das Lendas de Vila de Cruces, A nosa música somos nós ou a
Regueifesta, entre outros. Esta metodoloxía parte da importancia do
traballo colectivo e da participación social para transformar e
enriquecer a realidade socio-cultural das Cruces.
No prólogo do libro, podemos ler algunhas das funcións educativas da publicación:
Unha das razóns polas que publicamos este libriño é para contrastar a rumoroloxía coa Historia. Porque sabemos que o personaxe do Foucellas está construído tamén con invencións e difamacións promovidas polo réxime de Franco, e aquí confiamos na historia como ciencia, como porta de coñecementos contrastados. Porque moitas veces aparecen as preguntas e a curiosidade e nós queremos saber máis e queremos aprender mellor! Unha pregunta: Por que en Francia os maquis, as mulleres e homes da Resistencia contra Hitler e o nazismo son homenaxeados con nomes de rúas, estatuas ou celebracións de admiración e aquí non se lle dá o mesmo trato á xente que loitou contra Franco e o fascismo nos anos da Ditadura?
O
Foucellas foi un guerrilleiro antifranquista, un home fuxido por razóns
políticas, sobre o que hai varios libros escritos. Estas páxinas
intentan coñecer algunhas das historias do paso de Benigno López Andrade
polas terras de Vila de Cruces para completar a imaxe sobre este
personaxe histórico.
No tempo das fake news
e a invención da historia, é bo reflexionar sobre un personaxe
histórico que loitou contra unha ditadura que tamén fixo uso da
propaganda contra os guerrilleiros.
Pensamos
que escoitarnos entre nós é unha forma de aprender que debe terse máis
en conta. Pensamos que falando entre nós descubrimos cousas que moitas
veces nos sorprenden. Porque no Clube da Lingua temos moita curiosidade e
queremos coñecer a nosa Historia a partir das nosas historias, aquí vai
este libriño sobre Benigno López Andrade, O Foucellas.
Debemos agradecer estas páxinas a toda a xente que colaborou neste traballo colectivo, obra común de moitas persoas."
O vindeiro xoves, 30 de maio, às 11.30 terá lugar a presentación do libro O Foucellas en Vila de Cruces nun acto no que participarán alumnado, profesorado do IES Marco do Camballón e o historiador Manuel Igrexas.
martes, 28 de mayo de 2019
Benvida ao alumnado de Primaria
Onte recibimos ao alumnado do CEIP de Merza, CEIP Cerdeiriñas e CEIP Nosa Señora da Piedade de 6º de Primaria que virán o vindeiro curso ao Instituto. O alumnado de 1º de ESO, voluntarios e voluntarias da Biblioteca e membros do Club de lectura, foron os encargados de recibilos na Biblioteca e explicarlle como funciona. Ao final da visita déronlle un agallo, l lápiz e un marcapáxinas creado por Antía, alumna do club de Lectura.
viernes, 24 de mayo de 2019
Sendeirismo Carboeiro-Carixa- Fervenxa do Toxa
Recomendacións de verán
Aquí deixamos algunhas recomendacións para este verán, esperamos que sexan do voso agrado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)