martes, 31 de enero de 2023

Visita ao cole de Piloño



O alumnado de Regueifa de 3° de ESO do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces visitou o Colexio Cerdeiriñas de Piloño. Fixeron atranques das Xeneralas do Ulla e ensinaron principios básicos e xogos de regueifa. Que ben!

Fallo dos premios Nobel da Paz




Tras a votación que se fixo en cada unha das aulas e reunido o xurado dos Premios Nobel da Paz IES Marco do Camballón, acordaron que os premiados sexas os que figuran nesta imaxe. Parabéns aos gañadores e gañadoras!! A vosa labor é moi importante, seguide expandindo cordialidade no centro!

Lucía S, Anxo, Shaila e Helena, África, Ainara, Nerea, Thais e Irene

lunes, 30 de enero de 2023

Le Chandeleur

 Hoxe, na asignatura de francés, celebramos "Le Chandeleur", unha festa francesa que conmemoran o día 2 de febreiro. O alumnado de 4° ESO baixou á cociña do ciclo de dependencia para elaborar o alimento máis representativo desta festa.

Invitámosvos a facer a receita destas crepes na vosa casa. Podedes pasar pola biblio para saber os ingredientes. È moi fácil!





Nobel da Paz

Para conmemorar o Día da Paz, o Departamento de orientación desenvolveu unha actividade centrada nos Premios Nobel. Despois de investigar sobre as figuras galardonadas con estes premios ao longo da historia, cada titoría elexiu aos compañeiros e compañeiras máis conciliadores, empáticos e diplomáticos da súa clase. En breve serán fallados estes premios.





Photocall da Paz: Non insultar, si valorar


O alumnado de Relixión, leva varias sesións traballando na importancia de valorarnos a nós mesmos e  aos compañeiros e compañeiras cos que cada día compartimos moitas horas. Isto permítenos sentir que temos alguén ao lado e que non hai problema que non poidamos resolver xuntos, o que non levan a un benestar común. Non somos autosuficientes, temos que prestar atención aos compañeiros, sabelos escoitar, ter en conta a súa opinión e cambiar o insulto pola valoración da persoa. A partir desta semana os membros da comunidade educativa pode empregar este photocall para contribuír a un bo clima de traballo. 




 

viernes, 27 de enero de 2023

Obradoiro de Radio

Hoxe tivemos un obradoiro de Radio con Damián Alonso de Escolas nas ondas, para formar ao alumnado de 1º ESO e 1º FPBásica. Estivo explicando como traballar co Audacity, programa empregado para gravar Podcast. Explicou como facer unha escaleta e como preparar a voz e despois puxeron en práctica todo o aprendido nestas sesións.