martes, 28 de febrero de 2023
Xadrez
lunes, 27 de febrero de 2023
Le Tour du Monde de Nellie Bly
O alumnado de francés de 2º, 3º e 4º da ESO foron ver unha obra de teatro a Santiago de Compostela. Tratábase de "
Le Tour du Monde de Nellie Bly", na que se facía especial referencia a viaxe de Phileas Fogg ao redor do mundo. Tamén nos amosou que unha muller puido realizar esa viaxe, esa "volta ao mundo" nunha época na que as mulleres non tiñan os privilexios nin as oportunidades que temos agora. Aínda que a obra era practicamente toda en francés, estiveron moi atentos.
viernes, 24 de febrero de 2023
Castro de Cumeiro
Hoxe estivemos no Castro de Cumeiro cos rapaces e rapazas do IES Marco do Camballón. Durante a mañán falamos sobre as intervencións levadas a cabo no xacemento fai uns meses. Tamén puideron ver reproducción dos materiais recuperados nas excavacións, así como coñecer algo máis a Idade de Ferro e a Arqueoloxía experimental
jueves, 23 de febrero de 2023
Gañadoras concurso de disfraces
Recital de Rosalía
O alumnado de 4º ESO de Relixión, estiveron hoxe na radio, escolleron poemas de Rosalía de Castro e gravaron varios podcast.
O alumnado de 1º ESO de Relixión estiveron traballando poemas deste libro O herbario de Rosalía e recitaron aqueles que máis lles gustaron,
Día de Rosalía
O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das citas máis importantes do calendario cultural galego. Unha data que ata agora, e dado o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, se celebraba o 24 de febreiro, día en que foi bautizada.
Na vida de Rosalía hai algúns feitos que convén coñecer porque deixaron unha fonda impronta no seu carácter, na súa concepción do mundo e, en consecuencia, na súa obra.
Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller,
pois eu que n'as canto, Virxe da Paloma,
¡Ai!, ¿de que a terei?
Folla Novas. Rosalía de Castro.