viernes, 31 de marzo de 2023

Xornadas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

 

Hoxe estivemos nas Xornadas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, PLAMBE! Compartimos experiencias, lecturas e boas prácticas. Levamos moitas ideas innovadoras para seguir dinamizando a nosa
biblio!! Disfrutade do tempo de lecer! Vémonos á volta!

viernes, 24 de marzo de 2023

IV Encontro feminista




Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller no mes de marzo, no IES Marco do Camballón celebramos o IV Encontro Feminista no auditorio Xosé Casal.

O acto, presentado por alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, estivo centrado na cuestión de xénero na elección de estudos e profesións, tema analizado no coloquio inicial, no que participou antigo alumnado como Carolina Cabaleiro (técnica en soldadura e construcións metálicas), Adrián Villar (técnico en atención a persoas en situación de dependencia) e Nerea Fiúza (creadora audiovisual e unha das fundadoras de

Levedar Colectivo Feminista). Os

anteriores, estiveron acompañados por Silvia Penide, recoñecida cantante e intérprete vencellada ao desenvolvemento de proxectos relacionados coa música e a igualdade de xénero en centros educativos. Os poñentes explicaron as súas motivacións para elixir estudos e traballos normalmente asociados ao xénero contrario nuns casos, e entre todos, analizaron a influencia do xénero á hora da elección vocacional, cuestión aínda moi influenciada polo proceso de socialización e educación diferenciada. Os poñentes coincidiron na importancia de visibilizar e proporcionar referentes nos distintos campos, sendo o feminismo un movemento de consenso que implica a homes e mulleres procurando a igualdade entre ambos.

Durante a xornada, Natalia Guzmán, que actualmente rexenta O Refuxio e A casa con encanto, en Merza, recibiu o III Premio Juana López Elizagaray e ofreceu unha charla sobre emprendemento no ámbito da hostalería, contando a súa experiencia e traxectoria profesional e persoal.

No acto entregaronse tamén os premios ao alumnado que acadou os tres primeiros postos no concurso convocado polo centro para o deseño do cartaz, actividade enmarcada na materia de plástica. Uxía Balo e Alejandro Oro levaron o terceiro e segundo previo respectivamente. O deseño gañador, elaborado por Ricardo Santiso, empregouse como imaxe para o encontro.

A xornada rematou amenizada coa música de Silvia Penide.

martes, 21 de marzo de 2023

Número PI

Hoxe entregamos os diplomas aos alumnos do noso centro que conseguiron dúas novas marcas de memorización de cifras decimais do número Pi, como parte do concurso que organiza o Depertamento de Matemáticas do centro para celebrar o 14 de marzo, Día internacional do número Pi.
Moitos parabéns para Candela e David Troncoso Borrego pola súa memoria prodixiosa!! 



 

Día mundial da poesía

O alumnado de 1º de ESO de Lingua e literatura Castelá participaron nun concurso de recitado dun
poema de Lope de Vega, Pobre barquilla mía,  que tiñan que memorizar.
 Os que mellor o fixeron foron Martiño, Hugo de 1º ESO A e Joel de 1º ESO B. Parabéns aos tres!! Hoxe no día Mundial da poesía pasaron pola radio para facer a gravación do poema

 

lunes, 20 de marzo de 2023

Día de Cine

 Hoxe fomos

Hoxe fomos ao cine!! O alumnado de 1° de Bacharelato e dos ciclos de Dependencia e Soldadura visionou o filme As bestas na sala NUMAX. O largometraxe, dirixido por Rodrigo Sorogoyen, está centrado na vida de Antoine e Olga, unha parella francesa instalada nunha aldea do interior de Galicia, e inspirado nun suceso real ocorrido en 2010 en Santoalla (Ourense). As relacións cos veciños, dentro da parella e entre pais e fillos son algúns dos temas tratados no filme que comentaremos na aula. Impactante e moi recomendable!!

Le tour du monde de Nelly Bly

Salut à tous et à toutes !! Aujourd’hui quelques élèves de 4º ESO ont préparé un bref podcast qu’ils ont enregistré à la radio de notre lycée. L’un de ces podcast fait un résumé de la pièce de théâtre «Le Tour du Monde de Nellie Bly» qu’ils sont allés voir à Santiago. Dans le deuxième podcast, les filles racontent ce qu’elles ont aimé le plus. Merci !

 

 

Hola a todos y a todas!! Hoy algunos alumnos de 4º de la ESO prepararon un pequeño podcast que grabaron en la radio de nuestro instituto. Uno de estos podcasts resume la obra de teatro "La vuelta al mundo de Nellie Bly" que fueron a ver a Santiago. En el segundo podcast, las chicas cuentan lo que más les gustó. Gracias !