lunes, 12 de junio de 2023

Entrega de premios Escritura rápida

 

Hoxe entregamos os diplomas ás gañadoras do concurso de escritura rápida. Esta semana publicaremos os textos no noso blog, Abre os ollos. Parabéns a todas!!




martes, 6 de junio de 2023

As nosas alumnas de Tapsd hoxe no parlamento

As alumnas de primeiro de tapsd participaron no acto central da Campaña Mundial pola Educación celebrado no parlamento de Galicia. O obxectivo dacampaña deste ano era visibilizar o papel da muller na educación. Antía e Aroa interviron no parlamento cun discurso centrado na necesidade de educar en igualdade e recalcando que as profesións non teñen xénero. Tamén quixeron reflexionar sobre a importancia que ten a súa profesión dentro da sociedade xa que como din elas "os coidados son o motor da vida".
Unha vez realizadas as intervencións do alumnado dos distintos centros participantes, recibiron resposta das portavoces dos distintos grupos parlamentarios.



 

lunes, 5 de junio de 2023

Son das Cruces. Ruta Brandariz

O alumnado de 4º de ESO de Relixión elaboraron a ruta de Brandariz que parte de lugar de Vilar, pasando polo mosteiro de Brandoris, Pinlle e remata outra vez en Vilar. Fomos a moitos puntos de importancia para a historia da veciñanza desta parroquia pero  quedan moitos outros fora que serán tidos enconta. 


Aquí queda o código Qr por se queredes botarlle unha ollada. 







jueves, 1 de junio de 2023

Programa os coidados son nosos

As alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitaron a radio para presentar dentro do “Programa os coidados son nosos” a súa experiencia nos diferentes centros onde están desenvolvendo o seu periodo de prácticas. Nerea Bravo en Amencer ,con persoas con Parálise Cerebral, Paula Calvo en ASPAS con persoas con diversidade funcional intelectual e Nuria Cangado na residencia de Maiores de Vila de Cruces. Experiencias inolvidables a nivel tanto profesional como persoal! 

 







miércoles, 31 de mayo de 2023

Habilidades sociais e resolución de conflitos




Seguimos a traballar na resolución de conflitos cos grupos de 1º da ESO, nesta ocasión con un obradoiro impartido por Arelar Xestión Socioeducativa.

O alumnado puido aprender sobre o conflito e distintas formas de afrontalo, vencellando estas coas emocións que están subxacentes e que nos producen as distintas maneiras de afrontamento.

Na resolución de conflitos é fundamental dispoñer de habilidades sociais e ferramentas que nos permitan encaralos con asertividade, respectando aos demais e a nós mesmxs. E que mellor que aprender de forma práctica! Así, representamos distintas situacións con exemplos e pequenas teatralizacións coas que puidemos analizar os distintos estilos de comunicación e reflexionar sobre as formas que empregamos para facerlle fronte aos conflitos.

De seguro que adquirimos aprendizaxes útiles para mellorar o noso benestar emocional e a convivencia!




martes, 30 de mayo de 2023

Visita do alumnado de 6º de Primaria


Hoxe foi un día moi especial, pois recibimos a visita do alumnado de 6º de Primaria do CEIP Nosa Sra. da Piedade e CEIP de Piloño, que para o próximo curso realizarán 1º da ESO no noso instituto.

Na acollida participou o alumnado voluntario da biblioteca, que recibiron aos seus futurxs compañeirxs, percorreron con elxs as instalacións e realizaron un xogo de descuberta fotográfica en equipos co que puideron coñecer todos os recunchos do instituto. O alumnado voluntario tamén intercambiou experiencias co alumnado visitante e contáronlle unha morea de cousas sobre o instituto (como se organiza a biblioteca, actividades que se levan a cabo no centro, os recreos culturais, que se fai nas titorías, importancia de cumprir as normas...). Logo, tras coñecer algunhas cuestións sobre a nova etapa, desfrutamos todxs xuntxs dunha merenda na cafetería e tamén houbo tempo para o esparcemento. Sen dúbida, foi unha estupenda xornada de convivencia coa que esperamos facilitar o tránsito á secundaria do futuro alumnado.



Por suposto, temos que agradecer ao alumnado voluntario da biblicoteca (Shaila, África, Emily, Dayna, Aldara, Candela e Maxi), que fixeron un gran traballo colaborando coa biblioteca e o departamento de orientación no desenvolvemento da actividade. Foron uns grandes anfitrións e lograron que o futuro alumnado se sentira moi cómodo e integrado!