No módulo de teleasistencia as alumnas de 2 curso do ciclo de APSD eleboraron os elementos básico do servizos de teleasistencia. Estes elementos que se conectan ao teléfono do domicilio permiten que as persoas dependientes que viven soas o a maior parte do día, poidan estar en contacto as 24h/7 días a semana,coa central de atención que xestionará todas as súas incidencias sanitarias e socias, además de ofrece compañía e seguridade.
martes, 24 de octubre de 2023
Que é a teleasistencia?
viernes, 20 de octubre de 2023
Taller de costura
Este venres iniciamos o taller de costura, dentro da actividade recreos culturais! A nosa profe Maruja, ten un montón de ideas e proxectos!! Imos empezar facendo bolsas a partir de paraugas vellos! Estades a tempo de apuntarvos!! Os venres durante o recreo na aula do alumnado!
miércoles, 18 de octubre de 2023
Visita ao CPAP, Bergondo.
martes, 17 de octubre de 2023
Visita a Santiago
O alumnado de 3º de ESO visitou o Panteón de Galegos Ilustres que se encontra na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Allí descansan os restos de personaxes claves na historia de Galicia: Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey e Domingo Font.

Despois foron ao teatro ver a obra "A parábola do angazo", comedia de: Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Séchu Sende, Diego Rey e Artur Trillo.Nela bótase unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.
Días das Escritoras
Durante esta semana temos unha exposición de libros de algunhas escritoras das que podedes ler algunha das súas obras. Hoxe comezamos con libros en galego.






