martes, 31 de octubre de 2023

Magosto no Camballón


 Na mañá de hoxe celebramos o magosto e que mellor maneira que xogando en equipos, degustando castañas e escoitando as regueifas do alumnado de 2º ESO. 




Obradoiro de regueifa



Hoxe estivo no noso centro Pinto de Herbón para impartir un Obradoiro de Regueifa organizado pola Asociación Oral ao alumnado de Oralidade e Regueifa e improvisión oral en verso. Forma parte do Certame Escolar Provincial de Regueifas  que vai ter lugar en Valadares.
 

viernes, 27 de octubre de 2023

Cosemos a máquina

 

O noso obradoiro de costura dos venres avanza, xa utilizamos a máquina! 
Estan deseñando unha bolsa empregando as telas de paraugas rotos, a ver que tal quedan😅




GaliciaSkills2023

 


Hoxe temos que darlle os parabéns ao noso alumno do Ciclo Medio de Soldadura e caldeirería, Sergio López Salgado, que acadou o primer premio en Galicia Skills, campeonato galego de Formación Profesional.

 Durante dúas xornadas, o alumnado compite nas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas. Na especialidade de  Soldadura e caldeirería Sergio acadou a Medalla de Ouro.

Parabéns Sergio!!



martes, 24 de octubre de 2023

Día das bibliotecas


 Hoxe celebramos o día das bibliotecas cunha Xincana! O alumnado de 1° da ESO tivo que seguir moitas pistas e resolver uns cantos misterios!! Buscaron libros e películas perdidas, descubriron novos lugares do noso centro e moitos segredos da nosa biblio!!!











Que é a teleasistencia?

 

No módulo de teleasistencia as alumnas de 2 curso do ciclo de APSD eleboraron os elementos básico do servizos de teleasistencia. Estes elementos que se conectan ao teléfono do domicilio permiten que as persoas dependientes que viven soas o a maior parte do día, poidan estar en contacto as 24h/7 días a semana,coa central de atención que xestionará todas as súas incidencias sanitarias e socias, además de ofrece compañía e seguridade.