viernes, 31 de mayo de 2024

Saúde mental

 Seguimos a traballar sobre a educación emocional, neste caso centrándonos na saúde mental. 


Na asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos do Enfermos Mentais, son coñecedores da importancia de formar e informar sobre a saúde mental. Conscientes da relevancia do tema, da transcendencia a calquera idade, incluída a adolescencia, e da importancia de traballar dende a prevención, no mes de maio visitounos persoal da asociación para levar a cabo un obradoiro co alumnado de 4º ESO. 


Abordouse a saúde mental, regulación emocional, xestión do estrés, autodeterminación e empoderamento mediante dinámicas activas e participativas nas que o alumnado foi o protagonista.

Programación do 25 Aniversario


 

Ruta Santa Mariña de Bascuas.

  O  alumnado de 4º ESO estivo percorrendo a Parroquia de Bascuas. Partiron do lugar de Fondevila onde visitaron a primeira escola, a cal é unha das vivendas máis antigas da parroquia, como se pode ver no portal 1821. Pasaron pola fonte e lavadoiro do mesmo lugar datado de 1908 ambas edificacións a carón da Casa de turismo rural Casa dos Cregos. Visitamos   o campo da festa do Outeiriño que agora está en desuso por ter outro cunha mellor ubicación e mais extensión de terreo que tamén viron. Visitaron o torno de Barcala, unha construcción que empregaba a auga para que o carpinteiro puidera tornear a madeira sen tanto esforzo. 

No lugar Dosmestres viron o palomar da Rigueira, a fonte e lavadoiro antigo da aldea de Arriba, hoxe en desuso, e tamén fonte moderna que está situada no parque infantil desta parroquia.
Visitamos a igrexa, a mámoa, a moa de Oleiro xa a carón do río Deza. Onde tamén vimos a balsa, a pesqueira, o serradero e o muiño que pertenece da familia Soto, tamén coñecida coma os da Rigueira.
Rematamos no porto para despois dirixirmos ata o punto de partida, pasando pola casa de turismo rural e visitando o seu palomar.

jueves, 30 de mayo de 2024

A conta atrás ....

 Xa está todo preparado para a gran celebración que terá lugar mañá. Conmemoraranse os 25 anos de historia do IES de Vila de Cruces que co tempo pasou a chamarse IES Marco do Camballón.


Nestes paneis podedes ver algunhas das persoas que pasaron por el, actividades e conmemoración que se fixeron, lugares que se visitaron, momentos vividos.... pero claro está que non se dou recopilado todo. 
Mañá vai ser un día para recordar eses momentos, que sen dúbida están na memoria de todas as persoas que percorreron os corredores do centro. 



A historia do Camballón está escrita polos que pasamos por aquí: alumnado, nais e pais, persoal non docente, profesorado ... Esperámosvos!!


miércoles, 29 de mayo de 2024

Prevención de adiccións. Proxecto Home


Dende Proxecto Home informan ao alumnado de 2º, 3º e 4º ESO e 1º FPB sobre as adiccións, co

obxectivo de informar e previr as mesmas.

Que son as drogas, tipos, efectos e consecuencias son algunhas das cuestións que se abordaron nas sesións, concienciando ao alumando da importancia de tomar decisións adecuadas e saber dicir que NON. No caso de 2º ESO e FPB, as sesións centráronse tamén na prevención de adiccións sen substancia (adicción ao móbil, videoxogos, apostas....), pois son tan dañinas como aquelas nas que se inxiren substancias e tamén requiren de tratamento.

O alumnado participou de forma activa nas distintas sesións, nas que se pretende, entre outras cuestións, favorecer o pensamento crítico e o ocio saudable.


martes, 28 de mayo de 2024

Somos das Cruces

 

Hoxe tivemos o pracer de entrevistar a dous irmáns que naceron nas Cruces, cabeza de concello hoxe en día pero que cando eles naceron pertencia a parroquia veciña de Besexos a maior parte dela e unha pequena parte pertencía a Cumero. 

Carlos e Manuel Mella contáronnos moitos datos da parroquia na que naceron e  como eles a recordan e como chegou ao que é agora.


Moitas grazas por  contarnos a a historia das nosas parroquia para poder coñecelas un pouco máis e que non morra a historia cultural e humana que nos rodea.

Grazas tamén as nosas locutoras María, Xulia, Alba, Xiana e Cristina polo seu traballo e  por contribuír deste xeito co proxecto CP Edusaúde e Somosdascruces. 

É importante manter viva a memoria dos nosos antepasados para que historia do noso pobo sexa herdanza das xeneracións vindeiras.