O alumnado de 4º ESO estivo percorrendo a Parroquia de Bascuas. Partiron do lugar de Fondevila onde visitaron a primeira escola, a cal é unha das vivendas máis antigas da parroquia, como se pode ver no portal 1821. Pasaron pola fonte e lavadoiro do mesmo lugar datado de 1908 ambas edificacións a carón da Casa de turismo rural Casa dos Cregos. Visitamos o campo da festa do Outeiriño que agora está en desuso por ter outro cunha mellor ubicación e mais extensión de terreo que tamén viron. Visitaron o torno de Barcala, unha construcción que empregaba a auga para que o carpinteiro puidera tornear a madeira sen tanto esforzo.
No lugar Dosmestres viron o palomar da Rigueira, a fonte e lavadoiro antigo da aldea de Arriba, hoxe en desuso, e tamén fonte moderna que está situada no parque infantil desta parroquia.
Visitamos a igrexa, a mámoa, a moa de Oleiro xa a carón do río Deza. Onde tamén vimos a balsa, a pesqueira, o serradero e o muiño que pertenece da familia Soto, tamén coñecida coma os da Rigueira.
Rematamos no porto para despois dirixirmos ata o punto de partida, pasando pola casa de turismo rural e visitando o seu palomar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario