martes, 30 de abril de 2024
Voluntariado - Cruz Roja
Educación emocional: ME-DITO
Este curso traballamos a educación emocional a través do programa Descubíndonos, impartido por Anacos Educativos, no marco dos contrato-programa Emocióna-T.
En 1º da ESO puxemos en marcha o proxecto ME-DITO, un proxecto que pretende a de-construción da persoa dun xeito respetuoso consigo mesma e cos demais, favorecendo o coñecemento das emocións e a súa expresión, mellorando a comunicación e achegando ao alumnado á meditación, atención plena erespiración consciente.
En definitiva, adquirimos habilidades sociais e emocionais co fin de coñecernos e mellorar o benestar con nós mesmos/as e cos demais. Nesta ligazón podedes ver un resumo gráfico do que estivemos a traballar.
Ruta de San Pedro Añobre
O alumnado de 4º de ESO presentaron a Ruta de San Pedro de Añobre, acompañados de Mónica Salgado Sueiro, veciña do lugar, quen nos explicou e aclarou dúbidas sobre a infomación que recolleran.
Iniciaron a ruta circular que arranca no cruceiro do lugar de Añobre, pasaron polo lavadoiro de Eirexe, a Igrexa de San Pedro (onde viron canzorros románicos), o Castro no que se atopacampo da festa e unha sobreira centenaria. Dende alí puideron ver dous castros o de Castromouzo en Camanzo e o de Ledesma (Boqueixón).En Vilariño viron a fonte e a sede do Galo Celta. Continuaron hacia a Costa onde tamén hai unha fonte e dous cruceiros de singulares. Dende este lugar pódese ver o río Ulla e a poboación de Bendaña do concello limítrofe de Touro co que había moi boa relación por tratarse do paso do camiño de Santiago que se facía empregando unha barca. Nesta zona hai unha pesqueira e o muiño de río da Casa de Diéguez. En Beuvas viron o muiño de Pereiro e a fonte do lugar. Continuaron hacia Vilariño de novo para ver un muiño e de volta en Añobre foron a escola, a casa da tía Ramona, a tecedeira e a casa do mestre. Antes de dar por finalizada a ruta, viron o lavadoiro e a fonte do lugar de Añobre de onde xa divisa o Cruceiro de onde partiran.
Grazas Mónica por acompañarnos neste fermoso percorrido!!
lunes, 29 de abril de 2024
Premios escritura rápida
Entrega de diplomas aos gañadorxs do concurso de escritura rápida que tivo lugar durante a hora de ler para conmemorar o Día do Libro! Parabéns para África, Victoria, Olaf, Andrea e Ricardo polos seus relatos!!
viernes, 26 de abril de 2024
Apadriñamos en Piloño
Piloño e a Extraña desaparición de Carolina Santomé
Apadriñamos no CEIP Cerdeiriñas
miércoles, 24 de abril de 2024
Visitamos SOGAMA

Tivemos a oportunidade de ver con gafas 3D o proceso de reciclaxe e as instalacións. Tamén xogamos a vídeo-xogos relacionados coa sostibilidade.
Para rematar a visita, observamos desde o bus as instalacións coas explicacións da nosa guía.
martes, 23 de abril de 2024
Apadriñamento lector
Protección da Natureza
Recibimos de novo a visita da Garda Civil, que desta volta deu a coñecer ao alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º FPB a labor que realiza o Seprona (Servizo de Protección da Natureza), concienciando da importancia de ser respetuosos co medio ambiente e empregar os recursos naturais de forma responsable.
Preparados para o Apadriñamento lector
Aquí vos presentamos ao equipo de Apadriñamento lector que van a acompañar ao alumnado do CEIP Nosa Señora da Piedade e CEIP Cerdeiriñas.
Algunhas e algúns estréanse hoxe por primeira vez pero temos outro grupo de alumnado que xa colaborou o curso pasado e quixo repetir.
O alumnado de Relixión de 1º e 2º de ESO traballaron coordinados creando un pequeno agasallo, que este ano foron marcapáxinas de gomaeva. Investigaron sobre cales son as motivacións dos máis pequenos e planificaron os modelos que ía a crear intentando ser o máis creativos posible.Le e deixa ler.Día do libro
Palabras que inspiran e transforman.
Palabras que nos invitan a soñar e a crear.
Palabras que consolan, abrazan e acompañan.
Palabras que nos dan forza e nos invitan a voar.
Que sorte temos de facer o que facemos.
Le e deixa ler.
Feliz día do libro.
lunes, 22 de abril de 2024
Novidades semana do libro
Durante esta semana, na que celebramos o día do libro, tedes unha expisición de novidades cedida pola Librería O Colexio de Vila de Cruces. Aqueles libros que máis vos interesen serán adquiridos pola biblio para que poidades levalos en préstamo. Vide durante un recreo e apuntade os que máis vos gusten!!
viernes, 19 de abril de 2024
Visita á Coruña
miércoles, 17 de abril de 2024
Chicas Nuevas 24 horas

Trátase dunha actividade educativa e de concienciación social, da que se fixo eco a sección comarcal do Faro de Vigo, dada a súa relevancia e interese pública.
martes, 16 de abril de 2024
Ex-alumnos orientan!!

Nuria segue moi vinculada a Vila de Cruces e tamén ao noso instituto, participando de vez en cando en distintos proxectos. Nesta ocasión, visitounos para transmitir ao alumnado de 1º e 2º de BAC a súa experiencia dende que rematou os estudos secundarios.
A antiga alumna, que actualmente realiza o 3º curso de grao, recorda como a pandemia a sorprendeu a ela e ao seu grupo de clase cando cursaban 1º de Bacharelato, co que todo eso implicou nese ano e ao seguinte, á vista da tan "temida ABAU". Foron momentos duros e de incertidumbre pero superados con éxito.
Nuria transmitiu ao alumnado a importancia de ser constantes e afrontar as adversidades de forma positiva e resiliente, facendo consciente á rapazada de que pronto pecharán unha etapa das súas vidas pero comezará outra chea de oportunidades e novas experiencias, que lles axudarán a medrar como persoas.
Case podemos dicir que fluir, pero con sentidiño, sería o recomendable!
lunes, 15 de abril de 2024
Preparando o apadriñamento lector
O alumnado de 1º de ESO de Relixión comezou este mes de abril a preparar o apadriñamento lector do alumnado de Educación Infantil do CEIP Cerdeiriñas de Piloño e CEIP Nosa Señora da Piedade. Aquí tedes unha mostra do que están a facer.
jueves, 11 de abril de 2024
Prevención de delitos sexuais
Sexting, grooming, sextorsión....son cuestións que se abordaron na sesión, concluíndo a importancia de facer un uso responsable e reflexivo das redes, que garantan a seguridade e integridade persoal.
miércoles, 10 de abril de 2024
Obradoiro de educación afectivo-sexual
Un curso máis, o alumnado de 3º ESO e 1º FPB participaron no obradoiro de sexualidade impartido por persoal especializado do centro Quérote Máis. Deste xeito, completamos o traballo que se está a levar a cabo ao longo do curso no Plan Proxecta Q+.
martes, 9 de abril de 2024
Adicción sen substancias
Unha axente da Garda Civil explicou ao alumnado de 4º ESO a problemática das adiccións sen substancia. E é que ademais das coñecidas adiccións ao alcohol ou as drogas, existen outras nas que non interveñen substancias químicas, como a adicción ao traballo, ao teléfono móbil, a internet, ao xogo, ludopatías....
O uso extensivo de teléfonos móbiles e o fácil acceso a internet incrementa o risco de padecer algún tipo de adicción sen substancia. Así, tal como o alumnado puido comprobar nos estadísticos amosados pola axente, no caso dos adolescentes estanse a incrementar as adiccións ao xogo online e videoxogos. Asemade, o uso inadecuado de internet pode levar asociados outros riscos como a comisión inconsciente de delitos ou a posibilidade de ser vítima de grooming, incrementándose o risco especialmente no caso de padecer algunha adicción.
Polo tanto, cómpre facer un uso adecuado e razonable, administrando ben os tempos de uso, así como pedir axuda sempre que sexa necesario, tal como incidiu a ponente.
lunes, 8 de abril de 2024
Inicación Segura á pegada Dixital 2023/24
Este curso participamos de novo no programa "Iniciación segura á pegada dixital". Estivo dirixido a alumnado de 2º e 3º da ESO, que tomou conciencia da importancia de manter unha identidade dixital adecuada, pois todo o que facemos en internet deixa pegada e non está exento de riscos.
domingo, 7 de abril de 2024
Excursión ao Courel
Excursión ao Courel de 3° da ESO. Viaxe á Pobra do Brollón, onde se reuniron con seis centros de ensino de: Vilalba, Courel, Monforte, Caldas de Reis, o Brollón e as Cruces. Aventura chea de ideas, emocións e actividades. Maravilla!
Fomos ao Sur!!
Xa podedes ollar algunhas dos lugares que visitaron.
sábado, 6 de abril de 2024
Viaxe a Portugal
viernes, 5 de abril de 2024
Cociñando!
No ciclode APSD, estiveron practicando algunhas receitas. Esta vez elaboramos uns boliños preñados (de chourizo, queixo e chocolate).
miércoles, 3 de abril de 2024
Xornada de orientación e convivencia en Lalín.
Acompañados da súa titora e a orientadora do centro, asistiron á Primeira Feira de Orientación Universitaria e Formación Profesional organizada neste municipio.
Ademais, aproveitaron a visita á capital dezá para coñecer o museo Castro Deza, dedicado á divulgación da cultura castrexa, as lendas e a gastronomía; e tamén se achegaron ao Espazo Xove de Lalín (Casa da Xuventude), onde puideron desfrutar da exposición fotográfica "Ceos galegos" explicada da man do divulgador científico Dosi Veiga.