lunes, 3 de febrero de 2025

Alerta tóxica: Comportamento tóxicos.



O alumnado de 1º e 2º Bacharelato puideron participar nunha charla impartida por Anxos e Carmen, do CIM de Silleda, quenes nos falaron do que é e como debe ser o amor. 

Poder ser de moitos tipos pero sempre debe ser dende o respeto: amor propio, de amizade, de pandilla, a natureza, amor solidario ou de cooperación, de parella, a familia.




Tamén falaron dos mitos que hai sobre este tema: media laranxa, emparellamento, exclusividade, cambio por amor, os celos, entrega total, omnipotencia, polos opostos...que non son reais.


Remataron a charla mostrándoo os 10 comportamentos tóxicos nunha relación e reflexionando sobre eles. 


viernes, 31 de enero de 2025

En SolCa tamén se fan bolígrafos

Para que vexades que en SolCa se fan cousa interesantes, ensínamosvos este bolígrafo feito cun tornillo de aceiro inoxidable. A tapa está feita de tuerca cega soldad a outra normal. 

A funda está torneada nun tubo de inox, pra que encaixe a tapa. Todo está tratado con calor dun soplete, xa que este material oxidándose en distintas cores segundo o rango de temperatura. Créase unha capa de óxido estable coloreado de marrón claro a azul claro


 

jueves, 30 de enero de 2025

30 de Xaneiro unha cultura de non violencia e paz

 O ano de Castelao, no que se conmemora do 75 aniversario do seu pasamento, alumnado de Relixión de 2º, 3º e 4º de ESO estiveron analizando a súa vida, os seus relatos e caricaturas. 

Un home que destacou como narrador, ensaista, dramaturgo, médico, político e debuxante.  

Descubriron que foi un home que denunciou as inxustizas das súa época que provocaban unha cultura de violencia na súa contorna e que a día de hoxe ainda non se erradicaron. 

 Imitando a Castelao, que escribíu unha postal as Nacións Unidas reclamando a xustiza que as democracias prometeran, cada alumna ou alumno realizou unha postal reclamando aquelo que cada un pensa que é preciso para que teñamos unha cultura de non violencia e paz.

miércoles, 29 de enero de 2025

Castelao

 

A biblioteca do Camballón quere rendir un homenaxe a un autor galego que este ano se conmemoran o 75 aniversario do seu pasamento. Estamos a preparar xunto ao departamento de Relixión unha serie de actividades para conmemorar esta data. 



Aquí podede ver algúns do títulos que temos na nosa biblioteca por se queredes aproveitar e ler ou ver algúns dos debuxos cos que ilustrou algunhas das súas obras.  



lunes, 27 de enero de 2025

Visitas de ex-alumnas que estudan no Campus de Lugo


 
Hoxe visitáronnos dúas ex-alumnas do centro Saleta Cea e Coral Vázquez que viñeron falarlles ao alumnado de 1º e 2º Bacharelato do campus onde están estudando, Dietética e Nutrición e Maxisterio, Campus de Lugo. 



Comezaron falando da súa experiencia na Selectividade, como lle chegaban as notas, como matricularse e como ordenar as carreiras.

Tamén comentaron que carreiras poden elexir no Campus de Lugo, onde están as facultades e que opcións culturais hai para universitarios.

Grazas Saleta e Coral por contar a vosa experiencia.

lunes, 20 de enero de 2025

Obradoiro de Sexualidade



Como cada curso, visítannos dende Quérote Máis para desenvolver obradoiros de sexualidade co alumnado de 3º da ESO e 1º de FPB. 


O alumnado puido coñecer de primeira man a labor dos centros Quérote Máis, á vez que recibiu información fiable sobre educación afectivo-sexual, tan necesaria nestas idades, para favorecer a toma de decisións responsables nas relacións afectivas.