Unha mostra de que o traballo en equipo merece a pena, de que sumar ideas, talento e esforzos dá froitos marabillosos.
Grazas por facelo posible e por deixar a vosa pegada na vosa biblioteca.
Unha mostra de que o traballo en equipo merece a pena, de que sumar ideas, talento e esforzos dá froitos marabillosos.
Grazas por facelo posible e por deixar a vosa pegada na vosa biblioteca.
O alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato converteuse en pequenos investigadores e investigadoras para achegarse á vida e ao traballo de grandes científicos e científicas que, co seu talento, esforzo, curiosidade e perseveranza, contribuíron a transformar o mundo.
A través deste traballo de investigación, tiveron a oportunidade de coñecer as súas biografías, descubrir os seus principais achados e afondar nas achegas que realizaron á ciencia e á sociedade. Detrás de cada descubrimento hai unha historia de preguntas, desafíos, erros, aprendizaxes e moita ilusión por comprender mellor o mundo que nos rodea.
Esta actividade permitiulles non só ampliar os seus coñecementos científicos, senón tamén valorar a importancia da investigación, recoñecer o papel das persoas que fixeron avanzar a ciencia e reflexionar sobre como os seus descubrimentos seguen presentes nas nosas vidas.
Porque a ciencia tamén ten rostro, historia e nomes propios. E quen sabe se, entre estas pequenas investigacións, non estará a semente das grandes científicas e científicos do mañá!

Ler aliméntanos, esperta a nosa curiosidade e axúdanos a descubrir o mundo. Sigamos abrindo libros e novas portas ao coñecemento!
Que ben o pasamos o venres no IES! O tempo dedicado aos xogos pasou voando entre risas, diversión e momentos compartidos. E as castañas… estaban boísimas!
Foi unha xornada chea de alegría, compañeirismo e ganas de participar, na que todos e todas puxemos o noso gran de area para que saíse tan ben.Aquí vos deixamos unha imaxe dalgúns dos momentos vividos nesta xornada tan especial.
Grazas a todas as persoas que participastes e fixestes posible este día! Ata o próximo magosto!