jueves, 3 de febrero de 2011

CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA, ODISEA 2011


O alumnado de latín do IES está a participar esta semana neste concurso on-line organizado pola Delegación Galega da SEEC (Sociedade Española de estudos Clásicos).
O obxectivo é contestar certo número de preguntas sobre diversos aspectos da antigüidade grecorromana. Non se trata de mostrar coñecementos (que nunca sobran) senón de manexar as diferentes fontes de información para atopar datos.
Os tres primeiros días tiveron que contestar tres preguntas e no día de hoxe os distintos equipos enfróntanse ó preguntón (unha serie de preguntas-pistas para descubrir a resposta final.
Do noso IES participan tres grupos: FILLOS DE SATURNO, ASPASIAS e AS ERINIAS.Se superan con éxito o reto do preguntón, que saberemos mañá, pasarían á final galega que terá lugar o próximo mércores pola tarde.
..............................................MOITA SORTE

No hay comentarios:

Publicar un comentario