viernes, 25 de febrero de 2011

FUTURO IMPERFECTO


Este libro de Xulia Alonso Díaz (A Rúa, 1961), conta a historia dos anos da droga como espello libertario dunha xeración, a da autora, que sentiu o alustro dun novo tempo, no transo da ditadura a unha aira aberta onde todo era posible e todo estaba por facer. A mocidade sufreu os envites do VIH. Apandaron co peor, o oprobio social, a vergoña, o descoñecemento da doenza, a experimentación nos tratamentos… Tiveron que pasar tres décadas para lermos esta historia, pero aquí está. Conmovedora, única, tan grande como a vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario