martes, 1 de mayo de 2012

DOS CHICAS DE SHANGHAI

Cara ao ano 1937, Xangai era unha sofisticada e opulenta cidade, onde conviven esmoleiros, millonarios, gángsters, xogadores e artistas, a vida sorrí ás irmás Pearl e May Chin, fillas dun adiñeirado home de negocios. De temperamentos case opostos, as dúas son fermosas e novas e, a pesar de ser criadas no seo dunha familia de valores tradicionais, viven coa soa preocupación de asimilar o que chega de Occidente. Visten á última moda e pousan para os artistas publicitarios, que ven no retrato das irmás a proxección dos soños de prosperidade de todo un país. Pero cando a fortuna familiar sofre un golpe irreversible, o futuro de Pearl e May tínguese de precariedade e incerteza. Cos bombardeos xaponeses ás portas da cidade, as irmás iniciarán unha longa viaxe que as levará a California, onde a súa estreita relación porase a proba. Con todo, a pesar dos celos e a rivalidade, ambas loitarán por permanecer unidas, á vez que tentarán achar forzas para saír adiante nunhas máis que difíciles circunstancias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario