lunes, 22 de abril de 2013

LA FÁBRICA DE BETÚN

Charles Dickens acaba de falecer. Entre as persoas que asisten ao enterro está o seu gran amigo e axente literario John Forster, ao que lle custa imaxinar un día a día sen a compañía do autor. John comeza por ordenar papeis e documentos co propósito de escribir unha biografía, cando, unha noite, aparéceselle o espectro do propio Dickens disposto a revivir a súa infancia para que así John coñeza de primeira man aqueles aspectos até o momento descoñecidos.E así, acompañados por unfantasma, con tenrura e humor, bríndasenos a posibilidade de penetrarnos na infancia de Dickens, e de entender mellor a temática das súas novelas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario