jueves, 2 de mayo de 2013

LA CONTADORA DE PELÍCULAS

A historia de María Margarita, unha nena co estraño don de contar películas.
«Mentres tomaba a miña cunca de té e preparábame a contar a película de pé contra a parede branca, o meu pai non se cansaba de repetir aos seus invitados que aínda que a película fóra en branco e negro e a medida pantalla, esta niñita, compadres, parece que a contase en tecnicolor e cinemascope.»
Cando ao poboado chega unha de Marilyn Monroe, Gary Cooper ou Charlton Heston, ou unha mexicana con fartas cancións, na súa casa xúntanse as moedas exactas para un boleto e mándana a ela a vela. Ao chegar do cinema ten que contarlle a película ao seu pai, prostrado nunha «cadeira de brazos de rodas», e ao seu catro irmáns. Logo, xa famosa, a todo un público que a espera impaciente.
Xunto ás peripecias da nena, convertida de súpeto na mellor contadora de películas da salitrera, Hernán Rivera Letelier vai narrando a historia máxica dos cinemas na pampa, nos seus tempos de esplendor e decadencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario