Mirando as estrelas
Como
xa anunciamos, o profesor Salvador Bará estará de novo entre nós o vindeiro
2014. Esperamos a súa visita o día 10 de xaneiro para guiarnos nuhna sesión de
observación do ceo. Se queres ver a superficie da lúa, os aneis de Saturno ou quizais
a Estación Espacial Internacional acude ás 19:30 á Praza do Concello. Podes
traer a todos os teus amigos e familiares: a actividade está aberta a todo o
público.
Recorda que a contemplación dunha estrela é
o máis parecido a unha viaxe ao pasado: a luz que ti estás recibindo agora
emitiuse hai millóns de anos.
Sentirás a emoción de compartir algo cos
teus ancestros, os construtores das mámoas: eles viron practicamente o mesmo
ceo que podes ver ti.
Non faltes á cita e que a forza cósmica e o
pó de estrelas te acompañen.
Dado que esta actividade se realiza fóra do
horario lectivo, o centro non se fai responsable do alumnado, que deberá vir
acompañado por nai, pai ou titor legal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario