lunes, 26 de mayo de 2014

CambaLetras 2014: 2º bloque de preguntas

A continuación publicamos as 5 preguntas correspondentes ao 2º bloque (do luns 26 ata o venres 30 de maio).
Lembrade que para respondelas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación faranse públicas o domingo 1 de xuño.

As preguntas son as seguintes:



1. Que nome de  personaxe feminina da mitoloxía grega lle dá título a un dos poemas máis coñecidos de Nimbos de Díaz Castro?


2. Indica que obra(s) do poeta homenaxeado en 1967 hai na nosa biblioteca e con que número(s) están rexistradas.

3. Cita 3 linguas non románicas das que foi tradutor o autor ao que se lle dedica o Día das Letras deste ano.

4. A que autor ilustrado do século XVIII, considerado un dos pais da lingüística galega,  se lle dedicou un Día das Letras na década do 2000?

5. Indica cal foi o escritor ourensán que andou polos camiños da vida ao que se lle dedicou un Día das Letras e en que ano.
 


7 comentarios:

  1. 1- Penélope
    2-
    3- Alemán, inglés e sueco.
    4- Manuel Murguía
    5- Ramón Otero Pedrayo 1988

    ResponderEliminar
  2. 1. Que nome de personaxe feminina da mitoloxía grega lle dá título a un dos poemas máis coñecidos de Nimbos de Díaz Castro?
    Penélope

    2. Indica que obra(s) do poeta homenaxeado en 1967 hai na nosa biblioteca e con que número(s) están rexistradas.
    Nimbos. Rexistro: 1468
    3. Cita 3 linguas non románicas das que foi tradutor o autor ao que se lle dedica o Día das Letras deste ano.
    Linguas inglesa, alemana e irlandesa.
    4. A que autor ilustrado do século XVIII, considerado un dos pais da lingüística galega, se lle dedicou un Día das Letras na década do 2000?
    Manuel Murguía.
    5. Indica cal foi o escritor ourensán que andou polos camiños da vida ao que se lle dedicou un Día das Letras e en que ano.
    Ramón Otero Pedrayo, no ano 1988.

    ResponderEliminar
  3. 1.-"Penélope".

    2.-"Aires da miña terra" R:138.
    "Aires da miña terra" R:827.

    3.-Húngaro, euskera e sueco.

    4.-Frei Martín Sarmiento.

    5.-Ramón Otero Pedrayo, 1988.

    ResponderEliminar
  4. 1-Penélope
    2-Aires da miña terra, Nº rexistro: 138
    3-Inglés, alemán e castelán.
    4-Manuel Murguía
    5-Manuel Curros Enríquez, 1967

    ResponderEliminar
  5. 1-Penélope
    2-"Aires da miña terra" Nº 138
    3-Inglés, alemán e sueco.
    4-Martín Sarmiento
    5-Manuel Curros Enríquez, en 1967.

    ResponderEliminar
  6. Respostas:

    1. A personaxe feminina da mitoloxía grega é “Penélope”, a muller que tecía de día e desfacía de noite segundo a “Odisea” de Homero.
    2. O autor homenaxeado en 1967 foi o celanovés Manuel Curros Enríquez. Na biblioteca do IES temos dous exemplares da obra “Aires da miña terra”, un da editorial Galaxia co número de rexistro 138 e outro da editorial A Nosa Terra co número 827.
    3. As tres linguas non románicas que traduciu Díaz Castro foron o inglés, o alemán e o holandés.
    4. O autor ilustrado considerado un dos pais da lingüística galega foi Frei Martín Sarmiento, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no 2002.
    5. Ramón Otero Pedrayo foi autor de “Os camiños da vida” e dedicáronselle as Letras Galegas en 1988.

    ResponderEliminar
  7. 1. Que nome de personaxe feminina da mitoloxía grega lle dá título a un dos poemas máis coñecidos de Nimbos de Díaz Castro?
    Penélope.

    2. Indica que obra(s) do poeta homenaxeado en 1967 hai na nosa biblioteca e con que número(s) están rexistradas.
    "Aires da miña terra" / Rexistro 138 (editorial Galaxia, 2002) .
    "Aires da miña terra" / Rexistro 827 (editorial A nosa terra, 1996).

    3. Cita 3 linguas non románicas das que foi tradutor o autor ao que se lle dedica o Día das Letras deste ano.
    Húngaro, euskera e hebreo.

    4. A que autor ilustrado do século XVIII, considerado un dos pais da lingüística galega, se lle dedicou un Día das Letras na década do 2000?
    Manuel Murguía.

    5. Indica cal foi o escritor ourensán que andou polos camiños da vida ao que se lle dedicou un Día das Letras e en que ano.
    Ramón Otero Pedrayo en 1988.

    ResponderEliminar