Onte tivemos a honra de ter no centro a unha ex-alumna e atriz do concello Carmen Facorro e Alba Nogueira que falaron do seu espectáculo Reino da extinción. Carmen e Alba forma parte da compañía Amorodio xunto con outros dous compañeiros que se unen na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde as inquedanzas sociais da súa xeración as levan a conformar esta sinerxia teatral. Este fin de semana actuaron no Auditorio Xosé Casal.
Grazas Carmen e Alba por vir a pasar a tarde co alumnado de 3º de ESO e contar a vosa experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario