sábado, 30 de abril de 2022

Mediación e prevención de acoso escolar

 
Servímonos nesta ocasión da dinámica de cohesión grupal "Mundo de cores" para reflexionar sobre a exclusión social, enlazando o tema co acoso escolar e a importancia da súa prevención.

Despois do xogo, conversamos sobre o acoso escolar, os distintos tipos de acoso (físico, psicolóxico, social....), as consecuencias e os papeis das distintas persoas que interveñen (persoa acosada, acosadora e espectadores activos e pasivos), incidindo na importancia de intervir e adoptar un compromiso firme co apoio á vítima e a denuncia destas situacións por parte dos espectadores/as. 

Sen dúbida, sementar a cultura da mediación no centro favorece a mellora da convivencia e polo tanto axuda a previr as situacións de acoso escolar. Seguiremos traballando nelo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario