martes, 3 de mayo de 2022

Obradoiros sobre diversidade afectivo-sexual

 

Ao longo das dúas últimas semanas, o alumnado da ESO e FPB participou nunha serie de talleres, impartidos pola asociación Nós Mesmas. 

Conscientes de que a diversidade é unha realidade nos distintos ámbitos e aspectos da vida, e da importancia do respecto, visibilización e normalización como garantes da convivencia, no centro seguimos apostando por dar a coñecer as distintas realidades para favorecer o seu coñecemento e aceptación. 

Nas sesións afondouse sobre as distintas identidades e orientacións sexuais, a diferencia entre sexo e xénero, os esterotipos de xénero, a prevención do acoso lgtbifóbico e o papel da mocidade como motor de cambio. Asemade, en 4º da ESO e Formación Profesional Básica, ademais do anterior, profundizouse no aspecto histórico que sustenta a realidade LGTBI tal como a coñecemos hoxe en día e que fixo posible que se lograran avances na igualdade de dereitos das persoas do colectivo, se ben aínda queda camiño por percorrer.



No hay comentarios:

Publicar un comentario