miércoles, 8 de febrero de 2023

Visita a Casa do Maior de Oliveira

 As alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitaron a Casa do Maior de “Oliveira” situada en Duxame. Alí foron recibidas e acompañadas por Cristina Arias
(patrocinadora do proxecto)  e exalumna do IES e Vanessa Costas, exalumna do ciclo e emplegada na Casa do Maior. Coñeceron de primeira man as actividades e a programación que alí se desenvolve con 5 usuarios e unha vez máis tiveron a oportunidade de ampliar a súa perspectiva laboral a través do contacto cunha posible alternativa de autoemprego. Dende o centro queremos agradecer a cálida benvida e a gran profesionalidade coa que as anfitrionas recibiron as alumnas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario